luns, 16 de decembro de 2024

A BELEZA ESTÁ NO INTERIOR

 

O interior da Terra está formado por tres grandes unidades compositivas as cales son: a codia, o manto e o núcleo. Non obstante, a formación de estas tres unidades foi consecuencia do estado de incandescencia anterior da Terra. Polo que, para poder explicar todo este proceso é necesario volver ao principio, concretamente, ao orixe da Terra: Teoría de acreción planetesimal.

A teoría de acreción planetesimal explica o proceso da primeira fase da creación da Terra. Nesta primeira etapa o noso planeta encontrábase nun estado de incandescencia debido ás constantes colisións de planetésimos e protoplanetas que formaron a Terra. Este planeta rochoso no que vivimos está formado por 8 ou 10 protoplanetas e innumerables planetésimos.

Como o planeta encontrábase completamente fundido debido ao seu estado, os materiais máis pesados ou con máis densidade fluíron cara o interior da Terra e os materiais máis lixeiros ou con menos densidade fluíron cara a superficie desta, provocando a actual distribución da estrutura interna da Terra dividida en codia, manto e núcleo.


Na seguinte fase da formación da Terra, comezou unha etapa de arrefriamento debido a que as colisións destes planetésimos e protoplanetas deixou de ser tan frecuente. Este arrefriamento foi dende ao exterior cara ó interior da Terra, solidificando a capa exterior e indo sucesivamente cara o interior (manto e núcleo).

A codia e o manto son rochosos, o núcleo externo encóntrase en estado líquido e o núcleo interno encóntrase en estado sólido e composto principalmente por ferro e líquido.

Esta calor provocada polas tres unidades internas da Terra provocan os procesos xeolóxicos internos. É dicir, os fenómenos violentos como por exemplo os terremotos e os volcáns ou en fenómenos lentos como por exemplo o desprazamento dos continentes e a formación de montañas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INVISIBLES PERO ESENCIAIS

Cando falamos de xenética case sempre nos ven á cabeza o nome de Gregor Mendel, o monxe austríaco que experimentando con chícharos formulou ...