A meiose é o proceso de división celular mediante o cal a partir dunha célula diploide (2n) se producen catro células fillas haploides (n). A meiose só ten lugar nos órganos produtores de gametos, ovarios e testículos nos animais e estames e ovarios nas plantas. Este é un tipo de división celular que comprende dúas divisións seguidas (meiose I e meiose II), semellantes a unha mitose, pero entre estas divisións non se produce duplicación do ADN.
O seu obxectivo é formar os gametos masculinos e femininos nos animais.
-Profase(I)
É a fase máis longa.
Nesta fase as fibras da cromatina, que se duplicaron na interfase, condénsase e os cromosomas fanse visibles; cada un está formado por dúas cromátides.
Os cromosomas emparéllanse cos seus cromosomas homólogos e intercambian fragmentos entre eles (sobrecruzamento). Isto fará que as célula filla sexan xeneticamente distintas a célula nai. Ten como resultado a recombinación xenética a cal ten lugar durante o apareamento dos cromosomas homólogos.
Nesta fase os centriolos migran cara os polos da célula. Estes van a formar o fuso acromático. Este está constituído por microtúbulos.
Na profase a envoltura nuclear e o nucléolo van a desaparecer.
Na metafase(I) vaise a alongar o fuso mitótico. As parellas de cromosomas homólogos van a ser empurradas cara o centro da célula, suxeitos aos filamentos do fuso. Os microtúbulos vanse a unir ao centrómero.
-Anafase(I):
Na anafase (I) os cromosomas homólogos sepáranse dando lugar a dúas cromátides. Este proceso chámase segregación dos cromosomas. A cada polo, arrastrado polos filamentos do fuso, vai un dos cromosomas homólogos. As cromátides non se separan.
Nesta etapa, os cromosomas homólogos xa se dispoñen na periferia da célula e comézase a formarse a envoltura nuclear ao redor de cada xogo de cromosomas homólogos. Tamén vaise a formar o nucléolo. O citoplasma nesta fase vaise a empezar a dividirse, este proceso chámase citodiérese. A célula vaise a formar coa metade de cromosomas dando lugar a unha célula haploide.
-Citocinese
Este proceso da lugar a que se orixinen dúas células fillas, cada unha coa metade de cromosomas ca a célula nai.
Na meiose (II) as cromátides irmás que forman cada cromosoma sepáranse e distribúense entre os núcleos das células fillas. As fases da meiose (II) nos animais son:
Despois dunha breve interfase, condénsase os cromosomas, cada un con dúas cromátides. Vólvese a formar de novo o fuso acromático, constituído por microtúbulos. Desaparece a envoltura nuclear.
-Metafase(II)
Nesta fase o fuso acromático alóngase. Os cromosomas dispóñense no centro da célula. Os microtúbulos únese ao centrómero e estes tiran das cromátides cara os poros.
-Anafase(II)
Ao igual que na mitose os cromosomas son arrastrados polo fuso cara os polos. Sepáranse as dúas cromátides de cada cromosoma e son arrastradas polas fibras do fuso cara os extremos opostos da célula nai.
Os cromosomas, cada un cunha cromátide, descondénsase, formando así a cromatina. Fórmase a envoltura nuclear e os nucléolos. Desaparece o fuso acromático. Divídese o citoplasma e a repartición de orgánulos entre as células filla.
A meiose (II) da como resultado final a formación de catro células fillas haploides n, é dicir que teñen a metade de cromosomas que a célula nai, que era 2n. Cada célula filla posúe un cromosoma de cada parella orixinal de homólogos.
As células resultantes da meiose non conteñen idéntica información xenética que a célula nai, como ocorre na mitose. Conteñen distintas combinacións de xenes que se xeran durante a meiose, por intercambio de material xenético entre cromátides de cromosomas homólogos. A meiose incrementa a variabilidade das especies, grazas a este intercambio de información xenética.
Este proceso é, polo tanto, imprescindible nos organismos de reprodución sexual para manter constante o número de cromosomas dunha especie. Se non se producise este producise este proceso de redución de cromosomas, ao unírense o gameto masculino e o feminino durante a fecundación, duplicaríase o número de cromosomas dunha xeración a outra.
A importancia biolóxica da meiose é que permite que se produza a reprodución sexual.







Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.