Amosando publicacións coa etiqueta orixe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta orixe. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de decembro de 2024

A RESPIRACIÓN DA TERRA



  

AS ANTIGAS FIRMAS DOS SERES VIVOS

ANTIGAS FIRMAS

Paleontoloxía

Hoxe en día podemos encontrarnos fósiles na natureza, son unha evidencia dos seres vivos que habitaron o planeta fai millóns de anos. O estudo dos fósiles chámase paleontoloxía.




Existen varios tipos de fósiles

Mineralizados: Son os fósiles máis recoñecibles de todos, xa que son as partes duras dos seres vivos que se van descompoñendo lentamente, facendo que as partes orgánicas vaian sendo substituídas por substancias minerais, desa forma seguirá conservando a mesma forma orixinal do ser vivo. Estes fósiles só se dan en circunstancias moi concretas, polo que non é moi sinxelo atopalos, pero por outra parte axúdannos moitísimo a reconstruír a historia da terra, da súa vida e evolución.

Fósil mineralizado de 
Ammonites


Pegadas de extremidades: Son as marcas que deixaron os seres vivos ao pisar nun terreo brando, que logo foi cuberto por sedimentos, conservando a pegada ata o día de hoxe. coñécenselle como icnitas as pegadas dos dinosaurios.


Proceso das pegadas


Moldes de baleirado: Formánse trala morte do ser vivo, xa que rapidamente é cuberto por sedimentos, dentro dos que se descompoñen deixando a súa forma gravada neles coma se dun molde se tratase.

Molde de Ammonites


Rastros de actividade: Chámase así a calquera tipo de evidencia que demostre unha actividade biolóxica. Algúns exemplos poden ser marcas de gadoupas, restos de excrementos ou escavadas no terreo.


Coprolito (excremento de dinosaurio)


Inclusións en ámbar: O ámbar trátase de resina de árbores fosilizada, pero ás veces acontece que un insecto, por desgracia, atopa onde cae a gota de resina, facendo que quede atrapado sen poder saír, e conservado até o día de hoxe. Grazas a isto, hoxe en día coñecemos insectos de máis de douscentos millóns de anos atrás.


Insecto en ámbar.


Tamén se poden diferenciar en:

Fóslies guía: Chámanselle así pola información que nos aportan, xa que ao saber a época na que viviron podemos saber tamén a antigüidade dos sedimentos, por iso mesmo os fósiles guía son mellores canto máis rápida houbera sido a súa evolución, que teñan unha ampla distribución xeográfica e que sexan fáciles de recoñecer.


- No Pleozoico (540-250m.a) abundaban:  Trilobites e Graptolites.













- No Mesozoico (260-65m.a) abundaban: → Ammonites e Belemnites


Belemnites
















-No Cenozoico (65- hoxe) divídese en : Terciario (65-2,5 m.a) abundan os  Nummulites e  no Cuaternario (2,5m.a - hoxe) abundan os Mamuts.








Fósiles de facies: Este tipo de fósiles o que nos indica son as condicións concretas nas que se deron eses sedimentos, xa que se están aí significa que os sedimentos tiñan as condicións concretas que o ser vivo necesitaba para vivir.
Un exemplo de fósil de facies é un coral.

Coral mariño






domingo, 15 de decembro de 2024

O QUE DIFERENZA AO NOSO PLANETA


A maior parte do noso planeta é auga, concretamente un 71%. Pero, como apareceu esta na Terra?

Aproximadamente hai 4,6 millóns de anos, o noso planeta comezou a acumular auga. Esta proviña da colisión de grandes cometas, formados por masas de xeo a gran escala e de asteroides con abundante hidróxeno. Estas colisións foron moi frecuentes na etapa inicial da Terra.


A auga no noso planeta está en constante movemento grazas ao ciclo hidrolóxico, un proceso natural que regula a distribución da auga en distintas fases. Este ciclo é esencial para a vida e está composto por varias etapas interconectadas:
  1. EvaporaciónOcorre cando a auga presente na superficie terrestre, como en océanos, ríos, lagos ou mesmo nos organismos vivos, pasa do estado líquido ao gasoso debido á calor do sol. Este proceso transfire grandes cantidades de auga á atmosfera en forma de vapor, sendo os océanos a principal fonte deste vapor de auga.
  2. TranspiraciónAdemais da evaporación, as plantas tamén contribúen ao ciclo hidrolóxico a través da transpiración, un proceso polo cal liberan vapor de auga desde os seus estomas (pequenos poros nas follas) cara á atmosfera. Conxuntamente, a evaporación e a transpiración denomínanse evapotranspiración.

  3. CondensaciónO vapor de auga ascende na atmosfera ata capas máis altas e frías, onde a temperatura baixa fai que este vapor se condense, transformándose en pequenas gotas de auga líquida ou, en condicións moi frías, en cristais de xeo. Estas partículas microscópicas agrúpanse formando as nubes.

  4. PrecipitaciónCo paso do tempo, as gotas de auga ou cristais de xeo dentro das nubes medran ao unirse con outras partículas próximas. Cando estas se fan suficientemente grandes e pesadas, a forza da gravidade fai que caian á superficie terrestre en forma de precipitación, que pode presentarse como choiva, neve, sarabia ou orballo, dependendo das condicións atmosféricas.

  5. Infiltración e escorrentíaCando a precipitación acada o chan, a auga pode seguir diferentes rutas. Parte dela penetra nos poros do chan, nun proceso chamado infiltración, que alimenta as reservas de auga subterránea (acuíferos). Outra parte, especialmente en superficies impermeables ou saturadas, flúe pola superficie terrestre en forma de escorrentía, dirixíndose cara a ríos, lagos e océanos.

  6. Reservas subterráneas e circulaciónA auga infiltrada acumúlase nos acuíferos, que funcionan como reservas subterráneas. Estas reservas poden alimentarse continuamente ou, nalgúns casos, permanecer inmóbiles durante miles de anos. A través de fontes naturais ou extraccións humanas, parte desta auga regresa á superficie.

  7. Retorno á atmosfera: Gran parte da auga infiltrada e da escorrentía acaba retornando á atmosfera, pechando o ciclo. Isto ocorre por evaporación directa dende ríos, mares ou solos húmidos, ou a través da transpiración das plantas. 

mércores, 11 de decembro de 2024

UNHA VIAXE DE 4.500 MILLÓNS DE ANOS: "A ORIXE DA ATMOSFERA"


A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra retidos pola súa atracción gravitacional. Esta mestura de gases que forma a atmosfera recibe o nome de aire. É a capa máis externa e menos densa do planeta. Orixinouse hai aproximadamente 4.500 millóns de anos cando a Terra estaba no seu proceso de formación, a partir de gases emanados desde a superficie da Terra e despois enriqueceuse polas emisións debidas a actividade volcánica.

Inicialmente: Estaba formada por CO2, como as atmosferas de Venus e Marte, este gas represente máis do 90% da composición e tiña ausencia de O2.

Posteriormente: A aparición de seres vivos fotosintéticos (cianobacterias) fixo que se reducira o CO2 a menos do 0,01% e a presenza de O2 ao 21%, o que condicionaría a evolución biolóxica posterior.



CIANOBACTERIAS: 

As cianobacterias son organismos microscópicos que fan a fotosíntese.
 Toman carbono da atmosfera, nutrientes, auga e luz do sol para fabricar o seu alimento, e liberan osíxeno como produto de refugallo. Viven en ambientes de auga doce e salgada. A aparición das cianobacterias foi un
acontecemento importante, xa que liberaban grandes cantidades de osíxeno, que foi fundamental posteriormente. 
Ao principio da vida na Terra ademais da falta de osíxeno, a luz solar era mortal. Os raios ultravioletas causaban danos aos primeiros microorganismos. As cianobacterias, presentaban nas súas células unha substancia que as protexía dos raios e co incremento do osíxeno, grazas a elas, formouse a capa de ozono que nos protexe da radiación ultravioleta. Xunto con outros microorganismos, as cianobacterias son responsables da produción de aproximadamente o 50% do osíxeno global. Aínda que as cianobacterias en grandes cantidades poden ter efectos dañinos. Grandes poboacións de cianobacterias esgotan o osíxeno da auga. Ten como algunha das consecuencias que poden matar os peixes. Ademáis o papel das  cianobacterias queda evidenciado pola abundancia dos estromatolitos, rochas formadas por area e pola acumulación de restos destes organismos, que chegaron moitos deles fosilizados desta época.        


Actualmente: O CO2 está a aumentar, desde a revolución industrial, pero nos últimos anos máis debido o uso de combustibles fósiles como fonte enerxética. Na primeira metade do século XIX a súa proporción era de 0,028% e hoxe en día casi de 0,040%. Este gas é un dos principais causantes do efecto invernadoiro, este aumento tradúcese nun quecemento atmosférico global que é a principal causa do cambio climático. 
O vapor de auga tamén ten unha presenza relevante e a súa porcentaxe e variable, entre o 0% e 4%.
O hidróxeno que estaba moi presente nas emanacións iniciais, non o está actualmente, xa que debido a que é tan lixeiro, a terra non exerce suficiente atracción gravitacional para retelo.


A atmosfera e a hidrosfera constitúen o sistema de capas fluídas superficiais do planeta. As correntes de aire disminuyen as diferenzas de temperatura entre o día e a noite, distribuíndo a calor por toda a superficie do planeta. Este sistema evita que as noites sexan xélidas ou que os días sexan moi quentes.

Ademáis, a atmosfera protexe a vida na Terra, absorbendo gran parte da radiación solar ultravioleta na capa de ozono(é unha capa vital, xa que sen esta capa protectora, a radiación UV chegaría de maneira directa á superficie da terra, provocando estragos para o planeta). Ademais, actúa como escudo protector contra os meteoritos, os cales se desintegran en po ao facer contacto co aire.



CURIOSIDADE: A característica da composición do aire, permite que as lonxitudes de onda azuis sexan máis visibles que as doutras cores, o cal dá unha cor azulado á atmosfera terrestre desde o espazo. 








INVISIBLES PERO ESENCIAIS

Cando falamos de xenética case sempre nos ven á cabeza o nome de Gregor Mendel, o monxe austríaco que experimentando con chícharos formulou ...