A orixe dos océanos remóntase hai, aproximadamente, uns 4,500 millóns de anos, cando a Terra se estaba formando e era moi diferente á actual. Naquel momento, o noso planeta era unha masa , cuberta por volcáns activos e con ausencia de auga líquida na superficie. Sen embargo, unha serie de acontecementos clave, transformaron aquela Terra seca no mundo rico en auga que coñecemos hoxe.
A auga no interior da Terra
Durante as primeiras etapas da Terra, os volcáns foron moi importantes. Estes liberaban grandes cantidades de gases hacia a atmosfera primitiva. Entre todos estes gases liberaban vapor de auga, que viña dende o interior do planeta e que se acumulaba na atmosfera. A medida que a Terra comezou a arrefriarse o vapor de auga condensouse formando nubes. Estas deron lugar ás primeiras choivas. Estas choivas, que caeron durante millóns de anos, comezaron a encher depresións naturais da codia terrestre, o que deu lugar ao inicio dos océanos.
A auga por asteroides e cometas
Na primeiras etapas da hisoria da Terra, fai millóns de anos, o noso planeta era un lugar moi diferente ao que coñecemos agora. Nese momento a Terra foi golpeada por numerosos asteroides e cometas que viaxaban polo sistema solar. Moitos de estos corpos estaban compostos, en parte, por xeo. Cando estes cometas e asteroides chocaban contra a superficie terrestre, a calor das colisións provocou que o xeo se fundise e se transformara en auga.
ESte proceso non só trouxo auga á Terra, tamén fixo que comezaran a formarse ríos, lagos e océanos. Os científicos creen que isto foi clave para aumentar a cantidade de auga da Terra. Sen estas colisións, os océanos actuais poderían ser máis pequenos ou incluso non existir.
A formación dos océanos tal e como os coñecemos
A medida que pasaron millóns de anos, a actividade volcánica, e a chegada da auga dende o espazo axudaron a que a Terra acumulara grandes cantidades de auga en estado líquido. Así as cuncas oceánicas comezaron a encherse e formaron os océanos, que xa son permanentes na Terra. En cambio a auga non só se acumulou, tamén fixo que a Terra deixara de ser un lugar quente e inestable e a temperatura comezara a descender. A atmosfera axudou a manter a auga en estado líquido. Este proceso non só foi importante para a xeoloxía, tamén foi onde apareceron as primeira formas de vida, como bacterias e organismos unicelulares.
Ademais, os océanos foron moi importantes para controlar o clima, xa que a auga é un regulador térmico e sen a súa formación a vida na Terra non evolucionaría como o fixo.
Curiosidade
As zonas mariñas protexidas son esenciais, pero é moi complicado calcular que porcentaxe do planeta ten está protección. En Europa está entre o 5% e o 10%. E en España arredor do 12%.
https://nautilus.es/mar-los-oceanos-principales-curiosidades/


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.