Amosando publicacións coa etiqueta selección natural. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta selección natural. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de xuño de 2025

MUTACIÓNS: O MOTOR DA EVOLUCIÓN


 Ó longo do tempo os científicos estiveron buscando explicación á evolución, como xorden as diferencias entre os seres vivos e como algunhas características se herdan de xeración en xeración mentres que outras desaparecen. Científicos como Georges Cuvier, Jean Baptiste de Lamark, Carl Von Linneo, Richard Dawkins ou Charles Darwin publicaron e defenderon as súas propias teorías, pero actualmente a máis aceptada é a Teoría Sintética da Evolución ou Neodarwinismo. Foi enunciada por varios autores e integra a teoría da selección natural, proposta por Darwin, con distintas áreas de bioloxía como a xenética ou a paleontoloxía. A teoría recoñece as mutacións xenéticas como un dos principais motores dos cambios evolutivos.

Neodarwinismo

Como diciamos anteriormente, esta teoría está baseada no darwinismo, pero aplica os coñecementos actuais da xenética, o que axuda a explicar a variabilidade de individuos dunha especie e como se herdan eses caracteres. Unha das causas da variabilidade xenética son as mutacións ou alteracións que se producen ao azar no ADN das células reprodutoras (gametos) que se transmiten á descendencia. Se as alteración se producisen nunha célula somática non se transmitiría á descendencia. Ademais existen distintos tipos de mutacións e poden ter diferentes orixes. No tocante ó seu orixe podemos distinguir:
  • Mutación espontánea: non son tan frecuentes, e normalmente son causadas por un erro na replicación do ADN, danos no ADN que poden alterar a súa secuencia ou pola mobilización de elementos xenéticos transportables.
  • Mutación inducida: debidas a exposición a determinados axentes mutáxenos, presentes no medio ambiente como a radiación, substancias químicas ou algúns axentes infecciosos (virus).
Respecto das consecuencias que poden causar nos seres vivos, cabe distinguir entre:
  • Mutacións favorables ou beneficiosas: aquelas que proporcionan unha vantaxe para o organismo, aumentando a súa supervivencia, de reprodución e de aptitude, é dicir, a súa capacidade de adaptación aos cambios no entorno. As mutacións favorables poden facer que os organismos sexan máis resistentes a certas enfermidades ou infeccións, permitir que os individuos poidan sobrevivir en ambientes extremos, e tamén poden mellorar o camuflaxe dun organismo. Este tipo de mutación é a menos frecuente, e sen embargo son fundamentais para a evolución das
    especies.
  • Mutacións neutrais ou inocuas: son aquelas nas que un cambio no ADN non afecta á supervivencia ou reprodución dun organismo. Isto quere dicir que non teñen nin un impacto positivo nin negativo para un individuo, pero contribúen á diversidade xenética dunha poboación, xa que poden acumularse ao longo do tempo. Como exemplo de mutacións neutrais podemos citar  as mutacións silenciosas que ocorren cando un cambio no ADN non afecta á secuencia do aminoácido. Tamén se inclúen neste apartado a heterocromía, a cor da pelaxe e as pencas e lunares.
  • Mutacións negativas: son aqueles cambios no ADN que teñen un impacto prexudicial nun organismo. Existen 3 tipos de mutacións negativas: as dominantes (afectan negativamente á proteína silvestre ao combinarse con ela, e impiden a súa función normal), nulas (ocasionan a perda total da función dun xene) e letais (impiden a supervivencia dun organismo). Estas mutacións poden manifestarse como enfermidades xenéticas, aumentando a posibilidade de padecer cancro ou como deficiencias, trastornos ou síndromes.

A SUPERVIVENCIA DO MÁIS APTO

 


Introdución do tema:

 Charles Darwin foi un científico que enunciou a teoría da selección natural, que é a principal causa de que exista a evolución. Como ben di o título, non é o que máis forte sea ou o máis intelixente o que sobrevive, senón o que mellor se adapte aos cambios. Isto explica a evolución no sentido de que as especies van evolucionando. O proceso polo que as especies van cambiando no tempo coñécese como evolución, e a causa pola que cambian denomínase selección natural. Algúns exemplos de evolución son: xirafas, pimpíns, formigas guerreiras, cervos ratóns, peixe das cavernas... Esta última é da que vamos a falar neste traballo.

 

                                                                             Tipos de selección natural:

  1. Selección direccional: é o cambio do fenotipo dunha especie nunha dirección lonxe que na maioría dos individuos da mesma especie. Isto fai que se adapten mellor ao ambiente no que viven. Un exemplo claro de selección direccional é o das xirafas, xa que as xirafas con pescozos máis longos adaptábanse mellor ao seu ambiente, o que fixo que se reproduciran máis que outras con pescozos máis curtos.  
  2.  Selección estabilizadora: o fenotipo da especie mantense como na maioría de individuos da mesma especie. Isto é moi importante, xa que evita que os individuos cambien a peor e como consecuencia que teñan unha esperanza de vida peor. Por exemplo: os bebes máis pesados ou menos pesados non terían unha esperanza de vida boa se a comparamos con bebes promedio.

3. Sélección disruptiva: é o cambio do fenotipo dunha especie en dous direccións opostas isto fai que predominen dous variantes na mesma especie totalmente distintas, en vez de unha promedio. Por exemplo: os coellos soen ser brancos, grises ou negros. Dependendo do sitio no que vivan o pelaxe os axudará a sobrevivir. Na maioría de hábitats, pódense camuflar mellor os coellos brancos e negros comparado cos grises o que os fai ter máis población e que a población de coellos grises sexa menor.

Como se relacionan as mutacións ca selección natural?:

Poñendo o mesmo exemplo do coello, imaxínate que un coello nace cunha pelaxe clara debido a unha mutación, cando teña crías tamén serán de pelaxe clara e co tempo vólvese común na poboación. Esta é a relación que existe entre as mutacións e a selección natural.

Outro exemplo: por que hai osos brancos? Pois a resposta é sinxela. Naceu un oso branco debido a unha mutación e ao axudarlle a camuflarse e a cazar mellor, sobreviviu máis que outros e tivo máis crías. Isto funciona tamén cos osos pardos e cos osos panda. A mutación pásase de xeneración en xeneración ata hoxe que hai osos polares, osos pandas e osos pardos, dependendo do hábitat.

  

 Probas da selección natural:

Darwin desenvolveu esta teoría grazas a fósiles e semelllanzas entre especies relacionadas. Isto demostra que Darwin era unha persoa moi avanzada para a súa época, xa que hoxe en día úsanse os mesmos argumentos para demostrar que existe a selección natural. Si que é verdade que probas como o ADN non se sabían na época de Darwin, e estas apoían un pouco máis a evolución.

Aquí deixo un pequeno vídeo para ver de forma máis ilustrativa a evolución e a selección natural: 


 


 








 

 

       









     

                                                             







INVISIBLES PERO ESENCIAIS

Cando falamos de xenética case sempre nos ven á cabeza o nome de Gregor Mendel, o monxe austríaco que experimentando con chícharos formulou ...