Amosando publicacións coa etiqueta Terra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Terra. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de decembro de 2024

A SINGULARIDADE DA TERRA



A Terra é única dentro do Sistema Solar pola súa enorme abundancia de auga en estado líquido que cobre máis do 70% da súa superficie. Este feito é unha das claves que permite a vida tal e como a coñecemos. 

Estamos situados na distancia xusta do Sol, o que fai posible que a auga exista en estado líquido: se estivésemos máis preto as temperaturas serían demasiado altas, e máis lonxe a auga estaría conxelada. 

A pesar de que a Terra é o único planeta no que a auga flúe en estado líquido, non é o único lugar do Sistema Solar onde se atopou rexistro dela. En Marte encontráronse restos de evidencia de auga conxelada, posiblemente por casquetes polares formados por xeo e dióxido de carbono conxelado. Tamén encontráronse restos de antigos cursos de auga e lagos, o que indica que no pasado este planeta tivo auga líquida na súa superficie. 

Outro corpo celeste que espertou un gran interese é Europa, unha das lúas de Xúpiter. A súa superficie móstrase conxelada, pero debaixo desa capa de xeo encóntrase auga líquida. Este descubrimento abriu a posibilidade de que poida ser un lugar onde podería existir vida extraterrestre, incluso en formas simples como microorganismos.

 


 
Non existe outro lugar no Sistema Solar onde haxa tanta abundancia de auga, polo que xorde a pregunta:

 Cal é a orixe da enorme cantidade que cobre a Terra?

 A resposta a este feito é unha cuestión que non está moi clara e séguese investigando hoxe en día. Aínda que se teñen proposto diversas hipóteses, non hai unha teoría definitiva que resolva a dúbida  sobre como o noso planeta chegou a estar cuberto por tanta cantidade de auga. O que si está claro é que este elemento foi esencial para o desenvolvemento da vida tal como a coñecemos. 

 

Ao longo dos anos os científicos desenvolveron dúas teorías para explicar a orixe da auga do noso planeta.

1.A AUGA ORIXINOUSE NA PROPIA TERRA

Esta teoría suxire que a auga xa estaba presente no planeta dende o principio, cando a Terra estaba formándose. Durante o desenvolvemento da atmosfera primitiva o vapor de auga estivo presente en grandes cantidades. Este vapor proviña sobre todo dos gases liberados pola intensa actividade volcánica que houbo nesa fase inicial. A medida que a superficie da Terra e a súa atmosfera comezaron a arrefriarse, este vapor condensouse, formando nubes que finalmente precipitaron en forma de choiva. Con estas choivas continuas, a auga acumulouse na superficie terrestre, dando orixe aos océanos. Este proceso durou millóns de anos e deu comezo ao ciclo hidrolóxico, no que a auga comezou a circular entre a superficie terrestre e a atmósfera. Este ciclo foi clave para estabilizar as condicións climáticas e químicas que favorecerían despois ao xurdimento da vida.


Non obstante, crése que este vapor inicial non foi a única fonte de auga no planeta. 

2.A AUGA CHEGOU DENDE O ESPAZO


Moitos científicos pensan que a gran parte da auga chegou dende o espazo, a través de cometas e asteroides fai miles de millóns de anos. Estes corpos celestes compostos por xeo e outras substancias chocaron contra a Terra cando estaba comezando a formarse, liberando grandes cantidades de auga que quedaron acumuladas na superficie. Co tempo, esta auga xunto coa que se creou dentro do propio planeta formou os océanos.







OS OCÉANOS PRIMITIVOS E A SÚA INFLUENCIA NO DESENVOLVEMENTO  DA VIDA 


Os océanos primitivos da Terra foron fundamentais para a orixe e a evolución da vida. Non eran iguais aos de agora, senón que estaban formados por unha auga que contiña compostos químicos que procedían dos impactos de asteroides e das erupcións volcánicas. Esta  combinación de compoñentes creou as condicións necesarias para que se formaran as primeiras moléculas orgánicas, o que favoreceu ao desenvolvemento da vida.

Ao longo do tempo, os océanos contribuíron a diversidade de especies, dando lugar a un hábitat perfecto para a evolución dos primeiros organismos unicelulares ata as formas máis complexas.

Foron fundamentais tanto para a vida mariña como para a terrestre, xa que a relación entre estes dous ecosistemas permitiu a colonización de novos hábitats, favorecendo así a evolución da vida en todos os ambientes.



 
 
 

 
 
 
 



 

A RESPIRACIÓN DA TERRA



  

A HISTORIA DA AUGA: DENDE O ESPAZO AO NOSO PLANETA

 



A auga é unha das moléculas máis comúns no universo, composta por hidróxeno (formado pouco despois do Big Bang) e osíxeno (creado no interior das estrelas). Pero o camiño da auga ata chegar á Terra foi longo e complexo.

É fundamental para a vida tal e como a coñecemos, pero algunha vez te paraches a pensar: como chegou á Terra toda esta auga? Neste post exploraremos as principais teorías científicas sobre a orixe da auga e o seu impacto na nosa vida.





As principais teorías sobre a orixe da auga

Existen varias teorías sobre a orixe da auga na Terra, que intentan explicar como un dos compoñentes máis fundamentais para a vida chegou ao noso planeta. A continuación, describo as principais:

 

  1. Esta teoría suxire que a auga chegou á Terra a través do impacto de cometas e asteroides ricos en xeo. Durante os primeiros millóns de anos do sistema solar, a Terra estaba sometida a unha intensa actividade de impactos cósmicos. Os cometas, que están compostos en gran parte por xeo, bombardearon a superficie terrestre, liberando grandes cantidades de auga. A calor das colisións fundiu o xeo, permitindo que a auga se acumulase na Terra e formase océanos e mares.                      

  2. Teoría de auga extraterrestre (teoría da Panspermia):                                    Algúns científicos tamén exploran a hipótese de que a auga na Terra podería ter chegado de fontes externas ao sistema solar, como nubes moleculares de hidróxeno e osíxeno no espazo interestelar. A través de procesos químicos que ocorrerían nas primeiras etapas do sistema solar, moléculas de auga poderían ter viaxado desde outras partes do cosmos ata a Terra. Esta teoría suxire que a auga provén dun "comercio interplanetario", onde a auga foi transportada a través do espazo en formas de partículas de po ou outros materiais.


Conclusión: A importancia da auga

A orixe da auga na Terra segue sendo un dos grandes misterios da ciencia. A través de diversas teorías, como a dos cometas e asteroides, a liberación volcánica e a desgasificación interna, podemos ver que a auga chegou ao noso planeta de múltiples formas. Estas ideas non só nos permiten entender mellor a historia da nosa Terra, senón que tamén amplían a nosa visión sobre o universo e a posibilidade de que outros planetas poidan albergar auga e vida. A súa presenza na Terra foi esencial para o desenvolvemento da vida tal e como a coñecemos, demostrando a súa importancia para o equilibrio ecolóxico do noso planeta. Aínda que non hai consenso definitivo sobre cal destas teorías é a correcta, o importante é que todas elas apuntan á complexidade e á conexión entre a Terra e o resto do cosmos. A auga non é só un recurso, senón un vínculo entre o pasado e o futuro da vida no noso planeta.























domingo, 15 de decembro de 2024

AS VIBRACIÓNS DO PLANETA TERRA



Aínda que non o sintamos o campo magnético terrestre está a rodearnos constantemente. Pero, como afecta realmente á nosa vida diaria?

Este fenómeno é o encargado de diferentes aspectos como o son a protección contra a radiación solar, cambios no clima terrestre ou a influencia que ten sobre as placas tectónicas.

Pero sabiades que sen este campo magnético a vida probablemente non existira? Antes de falar de como afecta este fenómeno a o noso planeta máis a nosa existencia debemos entender que é este campo magnético e por que está xerado.

Que é o campo magnético terrestre e de onde sae?

Como o seu propio nome o indica é un campo magnético que rodea a Terra. 

Este Fenómeno nace no arrefiamento da Terra cando os materiais máis pesados como o ferro baixan cara o núcleo do planeta e os máis lixeiros van cara a súa superficie. Esta distribución dos materiais da lugar a actual división da Terra en: codia, manto e núcleo. Cando falamos do núcleo da Terra podemos distinguir dúas partes: o núcleo interno, o cal está fundamentalmente formando por ferro e níquel e que está en estado sólido; e o núcleo externo o cal ten a mesma composición que o interno pero en este os seus compoñentes están en estado líquido, a diferencia de calquera outra capa da Terra. Gracias a que o núcleo externo este en estado líquido e gracias aos movementos de rotación e translación do noso planeta os materiais de esta capa móvense xerando así a noso campo magnético.

Como vai o campo magnético dende o núcleo terrestre hasta o espazo?

O campo magnético enténdese dende o núcleo ata o espazo en forma de liñas


de forza que se diferencian en dous polos: polo norte magnético e polo sur magnético.

Por que é importante este campo para a existencia de vida na Terra?

Este fenómeno probablemente foi algo que influíu positivamente na creación da hidrosfera, que é onde posteriormente apareceron as primeiras formas de vida. O campo magnético tamén axudou de moitas maneiras para a posterior evolución da vida, entre elas: a preservación da atmosfera terrestre, a manter unhas condicións favorables para a evolución e para a diversificación da vida durante longos períodos de tempo e tamén funciona como escudo protector contra a radiación solar.

Como axudou o campo magnético na creación e preservación da atmosfera?

Cando falamos de como se creou a atmosfera o hai que ter en conta que campo magnético xogou un papel moi importante xa que si dende o seu inicio non houbese un campo magnético forte o vento solar podería erosionar a atmosfera, o cal sería un gran problema para o desenvolvemento da vida, xa que, é necesaria unha atmosfera estable para manter unhas condicións favorables para a vida, como temperaturas adecuadas e como gases esenciais, tales como o son o osíxeno, o nitróxeno ou o dióxido de carbono.

Como axudou o campo magnético na aparición e posterior desenvolvemento da vida?

Unha das súas funcións máis importantes é o seu papel como un escudo que protexe a superficie da Terra da radiación solar. Sen esta protección poderíase desprender a capa de ozono da atmosfera o cal sería un grave problema xa que esta capa é a que nos protexe da radiación ultra violeta (tamén chamada radiación UV) que emite o Sol. Esta radiación tería terribles condicións sobre a vida. 

Que pasa si algún raio de radiación infiltrase na atmosfera?

O campo magnético non é perfecto e as veces algúns dos raios danosos do Sol logran infiltrase nas rexións polares e ao chocar ca atmosfera crean o famoso fenómeno coñecido como as auroras polares.


Curiosidades sobre o campo magnético terrestre?


O campo magnético terrestre é moitísimo máis que unha simple característica física da Terra, tamén é un elemento que permitiu a existencia da vida como a coñecemos actualmente, xa que sen o seu rol como escudo protector o noso planeta sería un lugar moi diferente e probablemente sería inhabitable.


O QUE DIFERENZA AO NOSO PLANETA


A maior parte do noso planeta é auga, concretamente un 71%. Pero, como apareceu esta na Terra?

Aproximadamente hai 4,6 millóns de anos, o noso planeta comezou a acumular auga. Esta proviña da colisión de grandes cometas, formados por masas de xeo a gran escala e de asteroides con abundante hidróxeno. Estas colisións foron moi frecuentes na etapa inicial da Terra.


A auga no noso planeta está en constante movemento grazas ao ciclo hidrolóxico, un proceso natural que regula a distribución da auga en distintas fases. Este ciclo é esencial para a vida e está composto por varias etapas interconectadas:
  1. EvaporaciónOcorre cando a auga presente na superficie terrestre, como en océanos, ríos, lagos ou mesmo nos organismos vivos, pasa do estado líquido ao gasoso debido á calor do sol. Este proceso transfire grandes cantidades de auga á atmosfera en forma de vapor, sendo os océanos a principal fonte deste vapor de auga.
  2. TranspiraciónAdemais da evaporación, as plantas tamén contribúen ao ciclo hidrolóxico a través da transpiración, un proceso polo cal liberan vapor de auga desde os seus estomas (pequenos poros nas follas) cara á atmosfera. Conxuntamente, a evaporación e a transpiración denomínanse evapotranspiración.

  3. CondensaciónO vapor de auga ascende na atmosfera ata capas máis altas e frías, onde a temperatura baixa fai que este vapor se condense, transformándose en pequenas gotas de auga líquida ou, en condicións moi frías, en cristais de xeo. Estas partículas microscópicas agrúpanse formando as nubes.

  4. PrecipitaciónCo paso do tempo, as gotas de auga ou cristais de xeo dentro das nubes medran ao unirse con outras partículas próximas. Cando estas se fan suficientemente grandes e pesadas, a forza da gravidade fai que caian á superficie terrestre en forma de precipitación, que pode presentarse como choiva, neve, sarabia ou orballo, dependendo das condicións atmosféricas.

  5. Infiltración e escorrentíaCando a precipitación acada o chan, a auga pode seguir diferentes rutas. Parte dela penetra nos poros do chan, nun proceso chamado infiltración, que alimenta as reservas de auga subterránea (acuíferos). Outra parte, especialmente en superficies impermeables ou saturadas, flúe pola superficie terrestre en forma de escorrentía, dirixíndose cara a ríos, lagos e océanos.

  6. Reservas subterráneas e circulaciónA auga infiltrada acumúlase nos acuíferos, que funcionan como reservas subterráneas. Estas reservas poden alimentarse continuamente ou, nalgúns casos, permanecer inmóbiles durante miles de anos. A través de fontes naturais ou extraccións humanas, parte desta auga regresa á superficie.

  7. Retorno á atmosfera: Gran parte da auga infiltrada e da escorrentía acaba retornando á atmosfera, pechando o ciclo. Isto ocorre por evaporación directa dende ríos, mares ou solos húmidos, ou a través da transpiración das plantas. 

mércores, 11 de decembro de 2024

UNHA VIAXE DE 4.500 MILLÓNS DE ANOS: "A ORIXE DA ATMOSFERA"


A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra retidos pola súa atracción gravitacional. Esta mestura de gases que forma a atmosfera recibe o nome de aire. É a capa máis externa e menos densa do planeta. Orixinouse hai aproximadamente 4.500 millóns de anos cando a Terra estaba no seu proceso de formación, a partir de gases emanados desde a superficie da Terra e despois enriqueceuse polas emisións debidas a actividade volcánica.

Inicialmente: Estaba formada por CO2, como as atmosferas de Venus e Marte, este gas represente máis do 90% da composición e tiña ausencia de O2.

Posteriormente: A aparición de seres vivos fotosintéticos (cianobacterias) fixo que se reducira o CO2 a menos do 0,01% e a presenza de O2 ao 21%, o que condicionaría a evolución biolóxica posterior.



CIANOBACTERIAS: 

As cianobacterias son organismos microscópicos que fan a fotosíntese.
 Toman carbono da atmosfera, nutrientes, auga e luz do sol para fabricar o seu alimento, e liberan osíxeno como produto de refugallo. Viven en ambientes de auga doce e salgada. A aparición das cianobacterias foi un
acontecemento importante, xa que liberaban grandes cantidades de osíxeno, que foi fundamental posteriormente. 
Ao principio da vida na Terra ademais da falta de osíxeno, a luz solar era mortal. Os raios ultravioletas causaban danos aos primeiros microorganismos. As cianobacterias, presentaban nas súas células unha substancia que as protexía dos raios e co incremento do osíxeno, grazas a elas, formouse a capa de ozono que nos protexe da radiación ultravioleta. Xunto con outros microorganismos, as cianobacterias son responsables da produción de aproximadamente o 50% do osíxeno global. Aínda que as cianobacterias en grandes cantidades poden ter efectos dañinos. Grandes poboacións de cianobacterias esgotan o osíxeno da auga. Ten como algunha das consecuencias que poden matar os peixes. Ademáis o papel das  cianobacterias queda evidenciado pola abundancia dos estromatolitos, rochas formadas por area e pola acumulación de restos destes organismos, que chegaron moitos deles fosilizados desta época.        


Actualmente: O CO2 está a aumentar, desde a revolución industrial, pero nos últimos anos máis debido o uso de combustibles fósiles como fonte enerxética. Na primeira metade do século XIX a súa proporción era de 0,028% e hoxe en día casi de 0,040%. Este gas é un dos principais causantes do efecto invernadoiro, este aumento tradúcese nun quecemento atmosférico global que é a principal causa do cambio climático. 
O vapor de auga tamén ten unha presenza relevante e a súa porcentaxe e variable, entre o 0% e 4%.
O hidróxeno que estaba moi presente nas emanacións iniciais, non o está actualmente, xa que debido a que é tan lixeiro, a terra non exerce suficiente atracción gravitacional para retelo.


A atmosfera e a hidrosfera constitúen o sistema de capas fluídas superficiais do planeta. As correntes de aire disminuyen as diferenzas de temperatura entre o día e a noite, distribuíndo a calor por toda a superficie do planeta. Este sistema evita que as noites sexan xélidas ou que os días sexan moi quentes.

Ademáis, a atmosfera protexe a vida na Terra, absorbendo gran parte da radiación solar ultravioleta na capa de ozono(é unha capa vital, xa que sen esta capa protectora, a radiación UV chegaría de maneira directa á superficie da terra, provocando estragos para o planeta). Ademais, actúa como escudo protector contra os meteoritos, os cales se desintegran en po ao facer contacto co aire.



CURIOSIDADE: A característica da composición do aire, permite que as lonxitudes de onda azuis sexan máis visibles que as doutras cores, o cal dá unha cor azulado á atmosfera terrestre desde o espazo. 








mércores, 4 de decembro de 2024

UN PLANETA SEN SEDE



Unha das características máis destacadas do planeta Terra, que o distingue dentro do contexto do Sistema Solar, é a súa abundancia de auga en estado líquido, que chega a cubrir máis do 70% da súa superficie e alcanza unha profundidade media de 5.000 metros nos océanos. Esta abundancia de auga líquida foi fundamental para o desenvolvemento e sostemento da vida tal e como a coñecemos. Este fenómeno faise aínda máis sorprendente cando consideramos que, en comparación, os demais planetas do Sistema Solar non presentan tal característica, e que só a Terra posúe as condicións adecuadas para manter a auga en estado líquido na súa superficie.

Mentres que noutros corpos celestes como a Lúa ou Marte existen evidencias de auga en estado conxelado, ou incluso restos de antigos cursos de auga, a noso planeta goza dunha situación única. Marte, por exemplo, presentou, no seu pasado, grandes lagos e ríos, pero agora a auga xa non se atopa en estado líquido na súa superficie. Na Lúa, a auga tamén se presenta en forma de xeo nos polos. Porén, ningún planeta do Sistema Solar, salvo a Terra, posúe océanos de auga líquida de tal magnitude.



Unha das maiores esperanzas de descubrir auga en estado líquido fora da Terra vén de Europa, un dos satélites de Xúpiter. Aínda que a superficie de Europa está cuberta por xeo, as sondas espaciais teñen detectado indicios de auga líquida a gran profundidade baixo esta capa. Este descubrimento levanta a posibilidade de que haxa vida en Europa, debido á existencia dunha fonte estable de auga líquida protexida do frío exterior, aínda que se trata dunha hipótese que aínda require moito estudo.

Por que a Terra ten tanta auga líquida?


A pregunta de por que a Terra posúe tanta auga líquida en comparación cos outros planetas do Sistema Solar segue sendo un misterio. Aínda que non hai unha resposta definitiva, hai varias teorías que intentan explicar este feito único. Un dos factores máis importantes para que a auga se manteña en estado líquido na Terra é a súa distancia ao Sol. A Terra está situada na chamada "zona habitable", un espazo dentro do Sistema Solar onde as temperaturas non son nin demasiado altas para que a auga se evapore, nin demasiado baixas para que se conxele. Esta posición ideal, chamada "zona de
habitabilidade", permítelle á auga existir en forma líquida na súa superficie. Outro factor relevante é a presenza dun campo magnético arredor da Terra, que xoga un papel crucial na protección da atmosfera e, por ende, na conservación da auga líquida. Este campo magnético actúa como unha especie de escudo, protexendo o planeta das partículas solares que poderían desgastar a súa atmosfera e permitir a perda de auga por evaporación.

Teorías sobre a orixe da auga na Terra

Existen varias teorías sobre como chegou a auga a ser tan abundante na Terra. Unha das máis aceptadas suxire que a auga estaba presente desde as primeiras fases da formación do planeta. Cando a Terra se formou, era unha bola de rochas e gases fundidos. Durante este proceso, a atmosfera primitiva comezou a formarse, e con ela, o vapor de auga comezou a liberarase ao espazo. Ao arrefriar a Terra, este vapor de auga foi condensándose e caendo en forma de chuvia, cubrindo gradualmente a superficie do planeta e formando os océanos.

Outra teoría interesante suxire que a auga chegou á Terra a través de colisións con cometas e asteroides no período de formación primitiva do Sistema Solar. Durante os primeiros millóns de anos de vida da
Terra, as colisións con estes corpos celestes eran moito máis frecuentes. Os cometas, compostos en gran parte por xeo, poderían ter traído grandes cantidades de auga ao planeta. Estes impactos liberarían hidróxeno e oxíxeno, os elementos que forman a auga, achegando así a materia prima necesaria para a súa presenza.

A importancia da auga para a vida na Terra

A existencia de auga en estado líquido na Terra foi absolutamente crucial para o desenvolvemento da vida. A auga líquida actúa como un solvente en moitas reaccións químicas que son necesarias para a vida. As células dos seres vivos, por exemplo, dependen da auga para levar a cabo as súas funcións biolóxicas. A auga tamén é necesaria para a regulación térmica, permitindo que o planeta manteña temperaturas relativamente estables, e para o funcionamento do ciclo hidrolóxico, que garante a distribución da auga por todo o planeta.

Sen a presenza de auga líquida, a vida tal e como a coñecemos sería imposible. O ciclo hidrolóxico, que involucra a evaporación, a condensación e a precipitación da auga, xoga un papel vital no mantemento das condicións necesarias para a vida na Terra. Ademais, a auga tamén contribúe á erosión das rochas e á formación de hábitats para unha enorme variedade de especies.


INVISIBLES PERO ESENCIAIS

Cando falamos de xenética case sempre nos ven á cabeza o nome de Gregor Mendel, o monxe austríaco que experimentando con chícharos formulou ...