- Hemofilia A: ocorre cando ao corpo lle falta una proteína chamada factor VIII, que axuda a que a sangre coagule correctamente.
- Hemofilia B: ocorre cando falta a proteína chamada factor IX, necesaria para que a sangue coagule ben. Hay 1 de cada 32000 varóns vivos que a sofren. Hay una varinte desta hemofilia chamada Hemofilia B de Leyden, que consiste en que os valores do factor IX son inferiores a 1% cando somos nenos, polo tanto é moi grave e despois da puberdade os valores aumentan ao 50% do normal e volvese asintomático.
- Hemofilia C: ten lugar cando hay ausencia da proteína factor XI para a coagulación.
- Sangrado nas articulacións e dor e hinchazón.
- Sangue nos ouriños ou nas feces.
- Hematomas.
- Sangrado en vías urinarias e dixestivas.
- Sangrado nasal e ocular.
- Sangrado prolongado por feridas, extraccións dentais e cirurxía.
- Sangrado que empeza sen causa aparente.
- Hemorraxias no cerebro, lingua e garganta.
Hai tres estados segundo os síntomas:
Estado I: hormigueo nas articulacións e febre nesa parte do corpo. Esta relaciónase con ter unha hemorraxia con traumatismo.
- Estado II: o hormigueo pasa a sentirse coma dor, continúa a febre nesa parte e añádese a inflamación.
- Estado III: a articulación está viscosa e inflamada debido a que o músculo se debilita, dor crónica e movemento limitado.
En 2022 a FDA dos Estados Unidos aprobou unha terapia xénica para a hemofilia B, o que é un gran avance. Aínda que non está dispoñible de maneira xeneralizada, os resultados son moi favorables para que estas persoas poidan ter un fututo mellor.
PRECAUCIÓNS E COIDADOS:
As persoas con hemofilia deben ter certas precaucións na súa vida cotiá para evitar sangrados que poidan complicarse. É importante evitar deportes de contacto como o fútbol, o hóckey ou as artes marciais, xa que calquera golpe pode desencadear unha hemorraxia interna perigosa. Pola contra, recoméndase practicar a natación, o ciclismo en bicicleta estática ou o ioga.
Calquera intervención médica, coma unha vacina intramuscular, debe ser notificada ao equipo médico, porque pode requerir antes a administración dos factores de coagulación. Deben evitarse fármacos que aumentan o risco de sangrado, como a aspirina e outros antiinflamatorios. É fundamental que os profesores e compañeiros dun neno con hemofilia saiban que a persoa ten hemofilia e como actuar en caso de golpe ou ferida.CASO REAL:
A hemofilia afectou a importantes figuras da realeza europea. Foi chamada durante moito tempo "a enfermidade dos reis".
Un dos casos máis coñecidos é o da raíña Victoria do Reino Unido, que viviu no século XIX e é considerada unha das principaisportadoras coñecidas da enfermidade. O xene da hemofilia espallouse por varias familias reais europeas a través dela: O seu fillo Leopold, duque de Albany, morreu aos 31 anos tras unha hemorraxia cerebral causada por un pequeno golpe. Dúas das súas fillas foron portadoras e transmitiron a enfermidade ás casas reais de España, Alemaña e Rusia.







