Amosando publicacións coa etiqueta Deriva Continental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Deriva Continental. Amosar todas as publicacións

domingo, 23 de marzo de 2025

UN PUZZLE XEOGRÁFICO

 


A teoría da deriva continental proposta por Alfred Wegener dividiu a comunidade científica en dous bandos: os que crían no mobilismo, que apoiaban a idea de que os continentes foron desprazados, e os defensores do fixismo, que crían que a Terra era estática e tiñan un pensamento tradicional.

A proposta de Wegener, que xurdiu a principios do século XX, suxería no seu libro ''A orixe dos continentes e océanos'' que os continentes non sempre estiveron onde están actualmente, senón que no pasado formaban parte dunha gran masa única denominada Panxea.

A medida que a Terra evolucionaba, ese gran continente comezou a fragmentarse e a desprazarse ata dar orixe á localización actual. 

Isto resultou ser certo grazas a diversas probas que foron descubertas tempo despois, pero Wegener non foi capaz de explicar de maneira correcta o que facía mover os continentes. As súas ideas sobre a atracción lunar e sobre que o océano era inmóbil resultaron ser insuficientes e quedaron descartadas pola comunidade científica.

A pesar de todas as debilidades que tiña a deriva continental, todas as evidencias do desprazamento dos continentes seguiron acumulándose e outros investigadores axudaron a descubrir diferentes argumentos para probar esta teoría. 

Entre moitas destacan as probas xeográficasque consisten en analizar a forma dos continentes e a súa posible conexión no pasado.

Unha das evidencias máis importantes destas probas son o encaixe perfecto dos bordes continentais, pero que ao longo de millóns de anos sufriron procesos xeolóxicos e climáticos que modificaron un pouco as costas actuais a través de erosións e acumulacións de sedimentos, polo que non forman un puzzle perfecto.

Aínda así, estas probas seguíanse considerando unha coincidencia, pero esta vólvese máis real se en lugar de fixarnos nas costas actuais, que están lixeiramente alteradas, se teñan en conta os bordos da plataforma continental, que representan os límites reais dos continentes baixo o océano. Estas sufriron moito menos cambios e deformacións xa que ao estar baixo auga estiveron protexidas de fenómenos erosivos e a acción do vento, polo que manteñen a súa forma orixinal.

O maior descubrimento foi que América e África encaixaban ben a simple vista, pero ao comprobar o noiro continental, a súa conexión no pasado era innegable. Ao analizar nun ordenador un mapa, comprobouse que as plataformas continentais de ambos continentes axustábanse moi ben e moito máis que as súas costas, o que significaba que no pasado estiveron xuntas nunha mesma masa. 



Isto non só se limita a estes dous continentes, senón que outros tamén mostraban un encaixe importante cando se observaban os bordes submarinos.

Por exemplo, América do Norte encaixa con Europa e Madagascar coa costa oriental de África.

Ademais, hoxe en día existe un proceso xeolóxico en curso que demostra como os continentes seguen en movemento. No leste de África, na zona do Gran Val do Rift está producíndose unha separación da Placa Somalí da Placa Africana. Este proceso está provocando a aparición de grandes fisuras e actividade volcánica. Uns estudos científicos indican que dentro de millóns de anos esta rexión podería dividirse completamente do resto de África, creando un novo océano. 


Está demostrado que os continentes seguen movéndose, e isto leva a preguntarnos: como será a Terra se segue desprazándose dentro de millóns de anos?"

CREACIÓN DOUTRA PANXEA: Uns investigadores da Universidade de Lisboa crearon catro modelos diferentes que poderían ser o próximo supercontinente entre os seguintes 200 e 250 millóns de anos: Novopanxea, Panxea Última, Amasia e Aurica. As dúas últimas son as que teñen máis posibilidades de formarse. Amasia formaríase se todos os continentes avanzaran cara o hemisferio norte e Aurica formaríase ao redor de Ecuador e se extendería hacia os hemisferios norte e sur.



CAMBIOS NO CLIMA E NOS ECOSISTEMASO desprazamento dos continentes traería consigo cambios nas correntes oceánicas e no clima. Isto provocaría novas glaciacións ou enormes desertificacións en certas zonas, transformando moito a fauna do planeta.





APERTURA DE NOVOS OCÉANOS:  Coa fragmentación dos continentes abriríanse novos océanos entre estas masas, xerando enormes cambios na xeografía terrestre.




A EVOLUCIÓN DA VIDA: 

A reorganización destas masas influiría na evolución da vida como ocurreu no pasado. As especies adaptaríanse as novas condicións climáticas; animais que agora viven en lugares fríos poderían evolucionar ata ser capaces de adaptarse a altas temperaturas e viceversa. En zonas desertificadas xurdirían animais resistentes a seca, mentres que en outros sitios húmidos aparecerían ecosistemas tropicais. 
Por outro lado, as correntes mariñas cambiarían e afectaría a fauna oceánica, provocando que os animais acuáticos teñan que migrar cara diferentes zonas e aparecerían especies novas. 


IMPACTO NA HUMANIDADE:

Se as persoas seguísimos existinto dentro de 200 millóns de anos terían que adaptarse as novas circunstancias. Habería un gran número de migracións xa que certos lugares volveríanse inhabitables polas condicions climáticas extremas e a tecnoloxía tería que avanzar para permitir a supervivencia dos humanos. Por outro lado, o cambio da organización xeográfica afectaría as comunicacións, ao comercio e a vida tal como a coñecemos, dando lugar a novas formas de organización social.






A DERIVA CONTINENTAL: AS PEGADAS DO PASADO

 


DERIVA CONTINENTAL:

Alfred Wegener foi un científico alemán que se especializou en meteoroloxía e climatoloxía. En 1912, Wegener fai pública a súa teoría sobre a fragmentación e o desprazamento dos continentes ao longo da historia da terra, a partir da selección de diferentes probas.

Esta teoría foi a Deriva Continental, que quedou recollida no libro “A orixe dos continentes e océanos”, no que se recollía que os continentes movéranse, afastándose dunha única masa de terra en varios fragmentos ata a situación actual. A este continente xunto chamoulle Panxea.

Aportou varias probas, as que se engadiron as doutros investigadores, para verificar o desprazamento dos continentes. As probas máis importantes foron as probas paleontolóxicas.


PROBAS PALEONTOLÓXICAS:

Estas probas están baseadas na presenza de restos fósiles das mesmas especies que son idénticos nos continentes que están afastados por océanos. Entre estes organismos atopábanse algúns terrestres, como réptiles ou plantas, incapaces de haber atravesado océanos polo que deduciu que durante o período de vida destas especies houbera un único continente.Os fósiles que se atoparon son de flora e fauna.

Atopáronse estas especies de fauna:

  • Cynognathus: Era un réptil de tamaño mediano, cunha lonxitude de 2 a 3 metros. A cabeza era grande, tiña mandíbulas fortes e un fuciño distintivo. Os seus dentes eran afiados e adaptados para unha dieta carnívora e tiña unha postura erguida. Era un animal activo e áxil. Encontráronse restos en Sudáfrica e América do Sur.

  • Lystrosaurus: Era un réptil de tamaño pequeno e pesado. Tiña un pescozo curto e unha cabeza grande. O Lystrosaurus probablemente era herbívoro ou omnívoro polos seus dentes. O seu corpo estaba adaptado a vida terrestre. Tiña as patas curtas e fortes. Encontráronse restos en Antártida, África, India e China.
  • Mesosaurus: Era un réptil pequeno, e tiña un corpo alongado adaptado para nadar. Tiña un pescozo longo e a súa cabeza era pequena. Tiña dentes afiados e unha cola longa. Pasaba moito tempo baixo a auga pero as súas extremidades non estaban moi adaptadas para a natación. Era un carnívoro acuático, que se alimentaba normalmente de peixes pequenos. Atopáronse fósiles en Sudáfrica e Brasil.
Ningún destes réptiles poderían migrar a través do océano, polo que a explicación lóxica a súa distribución xeográfica sería que estes continentes estiveran xuntos durante a súa existencia.

Na flora atopáronse estas especies:

  • Glossopteris: Era un fento, da familia de plantas ximnospermas. As súas follas eran grandes, e alargadas ou as veces triangulares. Eran plantas de tamaño mediano. Atopáronse fósiles en Sudamérica, África, India, Australia e a Antártida.
 
Wegener pensou que todos estes organismos debían vivir ao lado. No pasado os territorios separáronse e os fósiles separáronse tamén. Este é o grupo de probas máis fiable a favor dá deriva continental, e a que os fixistas propuxeron que era posible que houbera pontes continentais.

























INVISIBLES PERO ESENCIAIS

Cando falamos de xenética case sempre nos ven á cabeza o nome de Gregor Mendel, o monxe austríaco que experimentando con chícharos formulou ...