luns, 16 de decembro de 2024

Marca a Marca

 

MARCA A MARCA  



 Agora síguense atopando fósiles, o que fai non dubidar sobre a existencia dos seres vivos que habitaban na terra fai millóns de anos. Este estudo é chamado Paleontoloxia, os estudos dos fósiles.




Dentro dos Fósiles existen varios tipos deles, como: 

Mineralizados, Pegadas de extremidades, Moldes de baleirado, Rastros de actividade e Inclusións en ambar. 

 

MINERALIZADOS 

Este tipo de fósil e recoñecible, correspóndense coas partes duras de seres vivos que se descompoñen moi lentamente e así os compoñentes orgánicos que os forman son substituídos por sustancias minerais do medio, de forma moi lenta e progresiva, pero conservando a forma orixinal desa parte do ser vivo. Por esto podemos coñecer a forma de moitos seres vivos. Esta fosilización só ocorre baixo unha condicións moi concretas.


PEGADAS DE EXTREMIDADES

Son as impresións das patas sobre terreos brandos que mais tarde foron cubertas por sedimentos, gardando así estas pegadas e podendo chegar ata a actualidade. Son moi coñecidas as pegadas de dinosauros, chamadas icnitas, das que se pode sacar moita información sobre as súas medidas, peso, forma de desprazamento, hábitos, etc. 


 MOLDES DE BALEIRADO

Fórmanse a partir da morte dun organismo e rapidamente cuberto por sedimentos, despois ese organismo descomponse completamente e súa forma queda gravada sobre ese material como un molde. 

 

RASTROS DE ACTIVIDADE 

E a evidencia da actividade biolóxica, como cavidades escavadas, marcas de gadoupas, incluso restos de excrementos, como é o caso dos coprolitos dos dinosauros.


 INCLUSIÓNS EN ÁMBAR

  O ámbar é resina de plantas leñosas fosilizadas que ten valor paleontolóxico, pero en ocasións esta resina despositouse sobre pequenos organismos, como insectos, quedando así atrapados e conservados ata os nosos días. E por este feito temos un coñecemento bastante profundo dos insectos de máis de 200 millóns de anos. 


FÓSIL GUÍA 

Non todos os fósiles sirven para saber a idade, xa que algún tipos de fósiles evolucionaron moi pouco, así atoparemos os mesmos restos fósiles en estratos superpostos de idades sucesivas. Por esta razón utilízanse os fósiles guía, que ten lugar con especies de evolución rápida no tempo, de maneira que os podamos atopar en poucos estratos nunha secuencia vertical e en estratos da mesma idade moi afastados entre si.


FÓSILES DE FACIES 

A este tipo pertencen os fósiles de especies que vivían en ambientes moi restrinxidos, con unhas características moi concretas, de tal xeito que si encontramos un destes fósiles nun estrato dinos información sobre as condicións ambientais nese lugar cando ese organismo estaba vivo.  

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INVISIBLES PERO ESENCIAIS

Cando falamos de xenética case sempre nos ven á cabeza o nome de Gregor Mendel, o monxe austríaco que experimentando con chícharos formulou ...