A Terra formouse a partir da acumulación de material sólido no primeiro sistema solar, ao longo de millóns de anos, a Terra experimentou diversos cambios xeolóxicos e climáticos, dando lugar a diversidade de vida que coñecemos hoxe. Pero como se formou a Terra? Como é a atmosfera? Sempre foi dun mesmo xeito?
-ORIXE DA TERRA, A TEORÍA DA ACRECIÓN PLANETESIMAL
Segundo esta teoría, a Terra formouse a partir da colisión de numerosos protoplanetas. Estas colisións liberaron unha enorme cantidade de enerxía en forma de calor, facendo que a Terra estivese completamente fundida. Os materiais máis pesados afundíronse cara ao centro da Terra, formando o núcleo. Os materiais máis lixeiros quedaron na superficie formando a codia. Co paso do tempo, a Terra arrefriouse e solidifouse, formando as tres capas principais: codia, manto e núcleo.
- A ATMOSFERA TERRESTRE PRIMITIVA
A atmosfera Terrestre naceu a partir dos gases liberados durante a formación do noso planeta. Inicialmente, esta atmosfera era moi diferente á actual, composta principalmente por dióxido de carbono(CO₂) similar ás atmosferas de Venus e Marte.
Estes gases procedían principalmente das erupción volcánicas que liberaban grandes cantidades de gases á superficie.
Os primeiros organismos fotosintéticos, as cianobacterias, desenvolveron a capacidade de realizar a fotosíntese. Este proceso consiste en utilizar a enerxía da luz solar para converter o dióxido de carbono, e a auga en glucosa e osíxeno. A liberación de osíxeno na atmosfera tivo un impacto drástico. O osíxeno reaccionou co metano presente na atmosfera, un potente gas de efecto invernadoiro, reducindo así a temperatura global. O osíxeno acumulado na atmosfera permitiu o desenvolvemento de formas de vida máis complexas que utilizaban o osíxeno para a respiración.
O hidróxeno, que estaría moi presente nas emanacións iniciais que formaron a atmosfera, non está presente na actualidade, xa que debido a súa extrema lixeireza a Terra non exerce suficiente atracción gravitacional, como para retelo.
- A ATMOSFERA TERRESTRE ACTUAL
A atmosfera actual está composta principalmente por nitróxeno (78%) e osíxeno (21%), con pequenas cantidades de outros gases como o argón e o dióxido de carbono. Esta composición é o resultado de millóns de anos de evolución e cambios climáticos. Nas últimas décadas, as actividades humanas, como a queima de combustibles fósiles, provocaron un aumento significativo das concentracións de dióxido
de carbono na atmosfera. Este aumento está provocando un efecto invernadoiro máis intenso, o que leva a un aumento da temperatura global e a cambios no clima a nivel mundial. Ademais do nitróxeno e do osíxeno, outros gases como o vapor de auga e o ozono tamén desempeñan un papel importante na atmosfera. O vapor de auga actúa como un gas de efecto invernadoiro e é fundamental para o ciclo hidrolóxico. O ozono, por outra banda, forma unha capa na estratosfera que nos protexe da radiación ultravioleta do sol.
de carbono na atmosfera. Este aumento está provocando un efecto invernadoiro máis intenso, o que leva a un aumento da temperatura global e a cambios no clima a nivel mundial. Ademais do nitróxeno e do osíxeno, outros gases como o vapor de auga e o ozono tamén desempeñan un papel importante na atmosfera. O vapor de auga actúa como un gas de efecto invernadoiro e é fundamental para o ciclo hidrolóxico. O ozono, por outra banda, forma unha capa na estratosfera que nos protexe da radiación ultravioleta do sol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.