Tomografía
sísmica
Moitas veces os xeólogos necesitaron saber como era a Terra por dentro, dato que hasta fai relativamente pouco tempo, na segunda metade do século XX non se sabia pero a invención dunha nova técnica de estudo do interior da Terra o cambiaría todo, esta nova técnica é chamada tomografía sísmica, este novo método axudaría aos xeólogos xa que grazas ás ondas sísmicas poderían saber como é a Terra por dentro facendo modelos tridimensionais do interior da Terra Esta técnica funciona igual que unha tomografía computerizada médica, pero en lugar de utilizar raios x utilizan terremotos ou explosións controladas
Na década de 1970 un sismólogo polaco-estadounidense chamado Adam Dziewoński foi pioneiro da invención deste método pero tamén foron importantes Don L. Anderson y Freeman Gilbert, os cales contribuíron ao desenvolvemento de modelos sísmicos tridimensionais da Terra.
Como funciona?
Cando se propaga un terremoto, ou xéranse ondas sísmicas de forma artificial, estas viaxan a través da Terra e, dependendo do tipo de material que atravesen, irán a diferentes velocidades. Estes datos rexístranse en estaciones sísmicas colocadas por todo o mundo logo disto os científicos analizan a súa traxectoria e a súa velocidade para determinar a composición e a estrutura do interior do planeta, para facer esta investigación pasase por varias fases as cales son:
- Xeración das ondas sísmicas: estas poden aparecer naturalmente ou pódense xerar artificialmente por medio de explosións controladas.
- Rexistro dos datos: as estacións sísmicas gardan os datos destas ondas como poden ser tempo da viaxe e amplitude.
- Procesamento de datos: úsanse algoritmos matemáticos para reconstruír unha imaxe do interior da terra.
- Interpretación de datos: xéranse mapas tridimensionais que mostran as diferentes variacións na composición, densidade e temperatura das capas da Terra
Xeólogos e xeofísicos: para entender a estrutura terrestre tanto do seu manto como do seu núcleo e tamén para estudar a teoría da tectónica de placas.
Sismólogos: para investigar a orixe e a propagación dos terremotos e predicir os seus efectos.
Enxeñeiros do petróleo: para localizar xacementos de petróleo.
Mineiros: utilizan o para localizar formacións de minerais baixo terra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.