Grazas que se encontraron fósiles dos mesmos animais e especie en continentes diferentes e moi separados, Wegner puido chegar a conclusión de que os continente si que estiveron xuntos nalgún momento da historia. Apoiando a esta observación, únese tamén o evidencia de que os bordos continentais de África e América coincidían case a perfección. Tamén hai probas paleoclimáticas, coa presenza de depósitos glaciares en diferentes continentes, que si estiveran xuntos, encaixarían a perfección. O último tipo de probas que apareceron foron as probas xeolóxicas, ca similitude de terreos e solos en distintos continentes.
O feito de que Wegener non fora xeólogo, se non que era un científico alemán formado en física e astronomía, creou que moita xente dubidara do seu criterio e das súas teorías sobre este feito, xa que non era o seu campo de investigación.
A deriva continental de Panxea comezou aproximadamente fai 230 m.a., cando iniciou un proceso de fragmentación que derivou en placas continentais que se desprazaron ata quedar dispostas como as están hoxe en día, separadas en diferentes continentes.En definitiva, a Teoría da Deriva Continental foi unha gran aportación ao mundo da ciencia e que revolucionou a maneira de pensar de moitos científicos ao expoñer que os continentes non son estáticos, se non que en algún momento da nosa historia foron móbiles. Aínda que ao principio pensábase que o causante de estes movementos eran fenómenos externos, hoxe en dia podemos aclarar que son causa das forzas internas do planeta, como a convención do manto. Se isto non fora pouco, a Teoría da Deriva Continental non só nos serve para explicar o pasa do planeta Terra, se non tamén para predicir os futuros movementos do noso planeta.



Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.