Algunha vez pensaches na posibilidade de exterminar a fame mundial? Isto é tecnicamente posible hoxe en día grazas aos avances científicos logrados no campo da modificación xenética. Científicos que destacaron neste tipo de investigación foron Mary-Dell Chilton ou Grete Kellenberger, entre outros.
Pero primeiro, en que consiste o ADN? O ADN (ácido desoxirribonucleico) é unha molécula que contén toda a información dun ser vivo. Esta molécula está formada por dúas cadeas que se entrelazan nunha estrutura de dobre hélice. Este ácido pode ser modificado por varios métodos, como por exemplo o CRISPR, que ten como obxectivo salvar vidas ou a terapia xenética entre outros.
Mais, do que realmente quero falar é de como se pode facer para mellorar a produción de alimentos en calquera parte do mundo.
Todo ser vivo contén ADN, e polo tanto, hoxe é posible a súa modificación introducindo nel outros organismos (como poden ser virus ou bacterias que melloren as súas condicións de crecemento e reprodución). Os produtos resultantes coñécense co nome de alimentos transxénicos (tamén chamados OMG).
A aparición de métodos coma este proporcionan mellor calidade de vida dos alimentos, rápida produtividade, mellor calidade nutricional e incluso un costo menor na súa produción. Algúns destes alimentos incluso poden mellorar a saúde do consumidor.
Pero non todo son vantaxes cando se modifican os alimentos, xa que pode haber reaccións non desexadas nos consumidores. Por exemplo, a aparición de alerxias, toxicidade ou enfermidades crónicas.
Esta modificación xenética tamén pode afectar ao medio ambiente, contaminando especies silvestres e por tanto alterando os ecosistemas e a biodiversidade.
Outro dos impactos negativos é a posible concentración de poder nos propietarios das sementes. Isto é un número reducido de empresas que controlen toda a produción.
En resumo, os cultivos transxénicos poden ser unha gran solución para os principais conflitos da humanidade e, ao mesmo tempo, poden ser unha fonte de grandes problemas.
A pesar das moitas críticas que se lle fixeron á ciencia, grazas a ela, hoxe en día a humanidade ten unha esperanza de vida moito maior que antes. Cando todo era natural, un ser humano vivía unha media de 30 anos, mentres que actualmente, nas zonas desenvolvidas, vivimos por riba dos 75 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.