Imaxina un mundo onde as cores non son tan vibrantes como as ves agora. Para algunhas persoas esta é a relidade. O daltonimo é unha condición que afecta a percepción das cores e que se atopa en moitas máis persoas do que poderías pensar. Neste post, exploraremos que é o daltonimo, como se herda, as causas, os tratamentos, os diferentes tipos que existen e como afecta a vida cotiá de quenes o padecen.
QUE É O DALTONISMO?
O daltonismo, tamén coñecido como discromatopsia, é unha alteración na visión das cores que dificulta a capacidade de distinguir entre certas cores. Esta condición non implica que unha persoa non vexa cores en absoluto; significa que certas combinacións de cores poder parecer moi semellantes ou incluso indistinguibles. O daltonismo é un trastorno visual que pode variar en gravidade e manifestarse de diferentes maneiras.
A visión da cor nos seres humanos depende de células especializadas na retina dos ollos, chamadas "conos". Estas células son as responsables de detectar a luz e as diferentes cores. Cando un ou varios tipos de conos non funcionan correctamente ou están ausentes, prodúcese o daltonismo. Existen tres tipos de conos:
Conos verdes (M): Son sensibles á luz verde, son fundamentais para distinguir entre os verdes e os amarelos.
Conos azuis (S): Son sensibles á luz azul, axudan a identificar tonalidades azuis e violetas.
TIPOS DE DALTONISMO:
Existen varios tipos de daltonismo segundo as cores que afectan:
- Daltonismo rojo-verde: É o tipo máis común e pode dividirse en:
- Protanopía: É a falta de ausencia de conos vermellos (L), o que dificulta distinguir entre vermello e verde, e pode percibirse como amarelo ou marrón.
- Deuteranopia: É a falta de ausencia de conos verdes (M), causando a dificultade para distinguir entre vermello e verde, tamén puidendo percibilo como amarillento.
- Protanomalía: Conos vermellos (L) presentes pero que non funcionan correctamente , causando que o vermello se perciba como apagado ou se confunda con verde.
- Deuteranomalía: Conos verdes (M) presentes pro que non funcionan correctamente, causando que o verde se perciba apagado ou se confunda que o vermello.
- Daltonimo azul-amarelo: Este tipo é o menos común e inclúe:
- Tritanopia: É a falta ou ausencia de conos azuis (S), dificultando a distinción entre azuis e amarelos, e pode ser percibido como verde.
- Tritanomalía: Conos azuis (S) presentes pero non funcionan correctamente, causando que o azul se perciba apagado ou se confunda con outras cores.
- Acronomatopsia (Monocromatismo): É a falta total de percepción de cores, a visión redúcese a tonos grises, é unha forma rara de daltonismo.
O Test de Ishiara é a proba máis común que hai, consiste en mirar láminas con puntos de cores que forman números ou formas. As persoas daltónicas teñen dificultades para ver os números ou as formas, xa que se confunden co o fondo. Por exemplo, nunha lámina, podes ver un número claro se tes visión normal, mentras que unha persoa daltónica podría non velo ou velo diferente.
Existen tamén outras probas, pero menos coñecidas como o Test de Farnsworth-Munsell 100 Hue que consiste en ordear 100 fichas de cores, onde as persoas con dificultades non as ordean correctamente. O Test de la Galson é similar ao anterior, pero trátase de emparellar cores e axuda a saber o tipo de daltonismo. Na proba de Anomaloscopía usa un dispositivo para mezclar a luz vermella e verde, o axuste necesario revela as alteracións da percepción da cor. Tamén existe o Test de Color de D-15 que consiste en odear 15 cores segundo a percepción do paciente, o que pode indicar daltonismo.
HAI CURA PARA O DALTONISMO?
Actualmente non existe unha cura para o daltonismo, pero existen axudas visuais, como gafas especiais, que están deseñadas para mellorar a perpepción das cores nalgúns casos de daltonismo. Estas gafas funcionan filtrando certas lonxitudes de onda de luz e poden axudar a diferenciar mellor algunhas cores.CAUSAS DO DALTONISMO:
IMPACTOS NA VIDA COTIÁ:
O daltonismo pode influír en diferentes áreas da vida diaria. Pode afectar na educación, xa que os materiais didácticos poden non estar desempeñados tendo en conta ás persoas daltónicas. Tamén poden influír no traballo, xa que nalgunhas profesións requiren unha boa percepción das cores como deseño gráfico ou traballos relacionados coa electricidade, o que pode limitar as opcións laborais. Pode afectar tamén á vida social, en actividades, como elexir a roupa, ou xogar certos xogos, poden ser máis complicadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.