A selección natural: O mundo segue elixindo aos máis adaptados?
A selección natural foi clave para Darwin. Explica que os organismos mellor adaptados teñen máis posibilidades de sobrevivir e reproducirse. Pero, isto continúa pasando igual no mundo moderno?
A resposta é afirmativa: A pesar dos cambios como especie, a selección natural segue funcionando. Para corroborar isto vexamos uns exemplos:
Bacterias resistentes a antibióticos:
As bacterias reprodúcense moi rápido. Ao usar antibióticos moitos morren pero se algunha conta cunha mutación que a fai resistente esta sobrevirirá e se multiplicará.
Co tempo, esas bacterias resistentes fanse máis comúns ata o punto de que converterse nun problema maior, polo que a mesmísima OMS alerta sobre ela xa que moitas infeccións xa non responden ante medicamentos comúns.
Insectos resistentes a insecticidas:
Ao igual cas bacterias os insectos tamen poden desemvolver resistencia. Se ben é certo que un insecticida mata a case todos, con que un só sobreviva xa habrán novas xeracións cos xenes resistentes polo que en poucas xeracións o insecticida pode deixar de funcionar. É moi común en mosquitos, pulgóns ou cascudas.
Animais que adaptanse as cidades:
Nas cidades, o ruído e a contaminación abundan o que provoca un cambio en algunhas especies para adaptarse.
Por exemplo, as ratas de Nova York evolucionaron con dentes máis pequenos. Algunhas aves aumentaron o seu medo á xente e incluso cambiaron xenes relacionados coa atención e o estrés.
Estas adaptacións son o resultado da selección natural xa que os animais que soportan mellor as condicións urbanas teñen máis posibilidades de reproducírense.
Humanos e medicina:
No pasado, as persoas con enfermidades graves hereditarias graves non chegaban a ter fillos. Porén, grazas á medicina actuál poden vivir e ter descendencia. Isto cambiou a forma de selección natural nos seres humanos, xa que agora non é tan forte a eliminacións de certas mutacións, polo que a ciencia pode convivir con elas. non obstante, a selección natural non desapareceu.
Continua actuando pero doutras formas: por exemplo, hai diferenzas xenéticas que afectan a como respondemos a enfermidades, á dieta ou ao entorno urbano. A tolerancia á lactosa nos adultos ou a adaptación á altitude en zonas montañosas así como a resistencia a certos virus son exemplos da evolución do ser humano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.