venres, 6 de xuño de 2025

DE DINOSAUROS A AVES: A EVOLUCIÓN BOTOU A VOAR




A evolución das aves a partir dos ancestrais dinosauros é un dos temas mais interesantes na bioloxía é na historia. Ainda que os dinosauros foron seres superiores que dominaron a Terra durante máis de 160 millóns de anos, foron pequeñas criaturas chamadas terópodos os que se convertiron, tras una serie de adaptacións, nas aves modernas de hoxe en día. Este proceso de adaptación non foi instantáneo senón que durou aproximadamente 50 millóns de anos, durante os cales experimentaronse cambios en tamaño, metabolismo e anatomía para adaptarse a este novo mundo

Encollemento e adaptacións esqueléticas

Un dos cambios mais significativos foi a reducción de tamaño. Os carnívoros foron dando paso a paso reducción ósea para ter formas mais pequeñas e axiles. Estas novas formas permitiron unha maior mobilidade, a medida que iban encollendo tamén se producían modificacións óseas

  • Cola curta e ríxida: formouse a través da fusión das vertebras para un maior control no vó. 
  • Osos lixeiros: para reducir o peso sen perder a súa forza.  
  • Modificacións das extremidades posteriores: a posicións das garras traseiras modificouse permitindo así un maior agarre e moito máis eficaz, sobretodo en espazos arbóreos

O nacemento das plumas

As plumas foron descubertas por primeira vez en dinosauros como o Sinosauropteryx e o Microraptor, estas non eran so para o voo se non que tamén servían para o illamento do frío e nalgúns casos para planear. Conforme pasaba o tempo as plumas volvéronse mais e mais complexas, algúns dinosauros comezaron a usalas para o voo activo. Por exemplo, o Archaeopteryx que viviu fai 150 millóns de anos e tiña características tanto de dinosauros coma de aves como plumas adaptadas para o voo

Do metabolismo ectotérmico ao endotérmico

O cambio dun metabolismo de sangre fría (ectotérmico) a un de sangre quente (endotérmico) foi moi importante. As aves evolucionadas de dinosauros xeraron a capacidade de ter calor intermitente, permitindo asi unha maior adaptabilidade aos diferentes ambientes.

Desenvolvemento cerebral e comportamento


A evolución do seu cerebro tamén xogou un papel importante na adaptación a esta nova vida. O Navaronis hestiae, un ave do Mesozoico, tiña un cerebro mais grande que o do Archaeopteryx, provocando así capacidades cognitivas mais avanzadas. Este desenvolvemento cerebral permitiu un comportamento máis avanzado e complexo.


Adaptacións ao novo mundo

Conforme as aves foron evolucionando, estas desarollaron características que permitiron a adaptación ao novo mundo.

  • Ás especializadas: para diferentes tipos de voo, planeo ou voo activo.
  • Peteiro sen dentes: adaptado para unha alimentación variada.
  • Visión aguda: para detectar presas ou depredadores.
  • Comportamento social: para a cooperación na caza ou no ciodado das crías.


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INVISIBLES PERO ESENCIAIS

Cando falamos de xenética case sempre nos ven á cabeza o nome de Gregor Mendel, o monxe austríaco que experimentando con chícharos formulou ...