Hai xente que destaca pola súa roupa, o estilo ou pola personalidade. Pero hai outras que chaman a atención simplemente polo seu aspecto físico, como é o caso dos rubios.
Trátase dunha característica pouco común na especie humana, aproximadamente presente só entre o 1% e 2% da poboación. Aínda que moita xente pense que é unha casualidade, detrás desta cor existe un fenómeno xenético.
O XENE DETRÁS DO CABELO RUBIO
Esta particularidade procede dunha mutación dun xene chamado MC1R. Este xene, que está presente en todas as células que fabrican pigmento, controla qué tipo de melanina (pigmento que dá cor á pel, ao cabelo e aos ollos) produce o noso corpo.
-
Eumelanina: Produce tons escuros.
-
Feomelanina: Produce tons avermellados e dourados.
O xene MC1R é responsable de que o corpo sexa incapaz de producir eumelanina e só produza feomelanina, que é a que dá a tonalidade anaranxada.
Pero os efectos desta mutación non só inflúen na cor do cabelo; o feito de que unha persoa só produza feomelanina tamén ten consecuencias noutros aspectos do corpo. As persoas rubias soen ter a pel moi clara, xa que a capacidade de producir eumelanina é moi reducida, polo que son máis sensibles á luz solar, a que se queimen con facilidade e que teñan máis posibilidades de sufrir un cancro de pel, sobre todo melanoma, un dos tipos máis perigosos.
Ademais da pel, o xene MC1R tamén afecta a maneira de sentir. Está demostrado por diferentes estudos que estas persoas poden ter unha sensación diferente da dor. Por exemplo; necesitan doses máis altas de anestesia para que lles faga efecto e son máis sensibles as temperaturas extremas, notando con máis intensidade o frío ou o calor.
Isto débese a que o xene MC1R fai que o corpo produza menos proteína chamada POMC, que axuda a controlar o dor e a temperatura corporal. Polo que haber menos POMC, o corpo dos rubios actúa de maneira diferente ao do resto das persoas.
COMO SE HERDA O CABELO RUBIO O cabelo rubio trasmítese de forma xenética: Cada persoa ten dúas copias de cada xene, chamados alelos, un vén do pai e outro da nai. No caso do xene MC1R, o alelo que provoca o cabelo rubio é recesivo, polo que significa que unha persoa só será rubia se recibe dúas copias do alelo mutado, unha de cada proxenitor. Se só recibe unha copia mutada e outra normal, non terá o cabelo naranxa, pero poderá transmitilo aos seus fillos, xa que é portadora.
Non todas as persoas teñen este xene, por iso hai zonas do mundo onde hai máis rubios que noutras.
En países como Escocia, Irlanda ou o norte de Inglaterra, o porcentaxe de rubios ascende ata o 10%. Isto débese a que a poboación destas zonas durante séculos mantivéronse illadas, polo que ao haber menos mestura xenética, os alelos responsables do cabelo rubio transmitíronse con máis facilidade de pais a fillos. Ademais da herdanza, tamén influiu o clima. No norte de Europa hai menos luz solar, e as persoas con pel clara, como é habitual nas persoas rubias, teñen máis facilidade para absorber os raios solares e producir vitamina D, algo esencial para a saúde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.