Sempre que se fala da evolución, coméntanse cales son as súas consecuencias. É dicir, como inflúe ao medio e ao ser vivo ao que afecta. Non obstante, pouco fálase das súas causas e a principal delas é a mutación.
Esta mutación é descrita como unha alteración no xenotipo do individuo de forma que termina modificando e dando lugar, dalgunha maneira, a un novo fenotipo deste. Unha das características desta acción é que se dá, principalmente, por dúas razóns:
- De maneira espontánea e natural debido a erros na replicación.
- De maneira externa debido á actividade de axentes mutaxénicos como as radiacións, substancias químicas ou axentes patóxenos.
Á súa vez este tamén pode presentarse en tres niveles:
- Molecular (xenéticas ou puntuais): estes cambios prodúcense nalgún dos elementos dalgunha das súas bases nucleotídicas, producindo un cambio na secuencia de ADN.
- Cromosómico: Altérase unha gran cantidade de información debido a un cambio nun segmento de cromosoma.
- Xenómico: Afectando a un conxunto de cromosomas determinado.
E dependendo das consecuencias que esta alteración teña no ser vivo, as mutacións pódense clasificar en:
| Acondroplasia |
- Morfolóxicas: Modifican a forma corporal ou a aparencia do individuo visualmente. Poden chegar a producir mutacións que axuden ao individuo para adaptarse mellor ao medio ou producir certas malformacións ou enfermidades.
- Letais e deletéreas: Producen erros que poden chegar a provocar a morte do individuo debido a interrupcións do mantemento do organismo deste (mutacións letais) ou provocar un impedimento da reprodución e o crecemento (mutacións deletéreas).
- Condicionais: Como o seu propio nome indica, condicionan o desempeño do ser vivo na súa comunidade biolóxica.
- Por ganancia de función: Estas mutacións son moi pouco frecuentes xa que, debido a un cambio no ADN, engade certas funcións ao xene modificado.
Estes tipos de mutacións son soamente algunhas das moitas que existen. Polo que, se queres coñecer algúns exemplos de enfermidades por mutacións e ampliar o teu coñecemento fai click aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.