Ó longo do tempo os científicos estiveron buscando explicación á evolución, como xorden as diferencias entre os seres vivos e como algunhas características se herdan de xeración en xeración mentres que outras desaparecen. Científicos como Georges Cuvier, Jean Baptiste de Lamark, Carl Von Linneo, Richard Dawkins ou Charles Darwin publicaron e defenderon as súas propias teorías, pero actualmente a máis aceptada é a Teoría Sintética da Evolución ou Neodarwinismo. Foi enunciada por varios autores e integra a teoría da selección natural, proposta por Darwin, con distintas áreas de bioloxía como a xenética ou a paleontoloxía. A teoría recoñece as mutacións xenéticas como un dos principais motores dos cambios evolutivos.
Neodarwinismo
Como diciamos anteriormente, esta teoría está baseada no darwinismo, pero aplica os coñecementos actuais da xenética, o que axuda a explicar a variabilidade de individuos dunha especie e como se herdan eses caracteres. Unha das causas da variabilidade xenética son as mutacións ou alteracións que se producen ao azar no ADN das células reprodutoras (gametos) que se transmiten á descendencia. Se as alteración se producisen nunha célula somática non se transmitiría á descendencia. Ademais existen distintos tipos de mutacións e poden ter diferentes orixes. No tocante ó seu orixe podemos distinguir:
- Mutación espontánea: non son tan frecuentes, e normalmente son causadas por un erro na replicación do ADN, danos no ADN que poden alterar a súa secuencia ou pola mobilización de elementos xenéticos transportables.
- Mutación inducida: debidas a exposición a determinados axentes mutáxenos, presentes no medio ambiente como a radiación, substancias químicas ou algúns axentes infecciosos (virus).
- Mutacións favorables ou beneficiosas: aquelas que proporcionan unha vantaxe para o organismo, aumentando a súa supervivencia, de reprodución e de aptitude, é dicir, a súa capacidade de adaptación aos cambios no entorno. As mutacións favorables poden facer que os organismos sexan máis resistentes a certas enfermidades ou infeccións, permitir que os individuos poidan sobrevivir en ambientes extremos, e tamén poden mellorar o camuflaxe dun organismo. Este tipo de mutación é a menos frecuente, e sen embargo son fundamentais para a evolución das
especies. - Mutacións neutrais ou inocuas: son aquelas nas que un cambio no ADN non afecta á supervivencia ou reprodución dun organismo. Isto quere dicir que non teñen nin un impacto positivo nin negativo para un individuo, pero contribúen á diversidade xenética dunha poboación, xa que poden acumularse ao longo do tempo. Como exemplo de mutacións neutrais podemos citar as mutacións silenciosas que ocorren cando un cambio no ADN non afecta á secuencia do aminoácido. Tamén se inclúen neste apartado a heterocromía, a cor da pelaxe e as pencas e lunares.
- Mutacións negativas: son aqueles cambios no ADN que teñen un impacto prexudicial nun organismo. Existen 3 tipos de mutacións negativas: as dominantes (afectan negativamente á proteína silvestre ao combinarse con ela, e impiden a súa función normal), nulas (ocasionan a perda total da función dun xene) e letais (impiden a supervivencia dun organismo). Estas mutacións poden manifestarse como enfermidades xenéticas, aumentando a posibilidade de padecer cancro ou como deficiencias, trastornos ou síndromes.



Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.