ANTIGAS FIRMAS
Paleontoloxía
Existen varios tipos de fósiles
Mineralizados: Son os fósiles máis recoñecibles de todos, xa que son as partes duras dos seres vivos que se van descompoñendo lentamente, facendo que as partes orgánicas vaian sendo substituídas por substancias minerais, desa forma seguirá conservando a mesma forma orixinal do ser vivo. Estes fósiles só se dan en circunstancias moi concretas, polo que non é moi sinxelo atopalos, pero por outra parte axúdannos moitísimo a reconstruír a historia da terra, da súa vida e evolución.

Fósil mineralizado de
Ammonites

Ammonites
Pegadas de extremidades: Son as marcas que deixaron os seres vivos ao pisar nun terreo brando, que logo foi cuberto por sedimentos, conservando a pegada ata o día de hoxe. coñécenselle como icnitas as pegadas dos dinosaurios.

Proceso das pegadas

Moldes de baleirado: Formánse trala morte do ser vivo, xa que rapidamente é cuberto por sedimentos, dentro dos que se descompoñen deixando a súa forma gravada neles coma se dun molde se tratase.

Molde de Ammonites
Rastros de actividade: Chámase así a calquera tipo de evidencia que demostre unha actividade biolóxica. Algúns exemplos poden ser marcas de gadoupas, restos de excrementos ou escavadas no terreo.


Coprolito (excremento de dinosaurio)
Inclusións en ámbar: O ámbar trátase de resina de árbores fosilizada, pero ás veces acontece que un insecto, por desgracia, atopa onde cae a gota de resina, facendo que quede atrapado sen poder saír, e conservado até o día de hoxe. Grazas a isto, hoxe en día coñecemos insectos de máis de douscentos millóns de anos atrás.


Insecto en ámbar.

Tamén se poden diferenciar en:
Fóslies guía: Chámanselle así pola información que nos aportan, xa que ao saber a época na que viviron podemos saber tamén a antigüidade dos sedimentos, por iso mesmo os fósiles guía son mellores canto máis rápida houbera sido a súa evolución, que teñan unha ampla distribución xeográfica e que sexan fáciles de recoñecer.
- No Pleozoico (540-250m.a) abundaban: → Trilobites e Graptolites.
- No Mesozoico (260-65m.a) abundaban: → Ammonites e Belemnites
![]() |
| Belemnites |
-No Cenozoico (65- hoxe) divídese en : Terciario (65-2,5 m.a) abundan os Nummulites e no Cuaternario (2,5m.a - hoxe) abundan os Mamuts.
Fósiles de facies: Este tipo de fósiles o que nos indica son as condicións concretas nas que se deron eses sedimentos, xa que se están aí significa que os sedimentos tiñan as condicións concretas que o ser vivo necesitaba para vivir.
Un exemplo de fósil de facies é un coral.







Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.