domingo, 15 de decembro de 2024

DO PO DE ESTRELAS AO PLANETA AZUL

Imaxe: SciTechDaily - Science, Space and Technology News 2024

Antes de falar da orixe da Terra temos que falar da orixe do universo que se iniciou co Big Bang fai 13.800 millóns de anos onde toda a masa estaba concentrada nun mesmo punto infinitamente pequeno, polo que tiña unha alta densidade altísima e moita inestabilidade, como consecuencia explotou expandíndose en todas as dirección, dando lugar ao universo que hoxe en día coñecemos.

Uns 8.800 millóns de anos máis tarde esa expansión daría lugar a unha nube xigantesca de moléculas, probablemente debido a unha onda expansiva dunha supernova próxima, esta nube de moléculas comezaría a xirar sobre si mesma cada vez a máis velocidade e como consecuencia disto deu lugar a unha forma discoidal de moléculas cunha maior masa no centro. Esta zona central daría lugar a un protosol ou Sol primitivo, mentres que o resto da materia que formaba parte desa nube de moléculas distribuíuse arredor do Sol dunha forma plana seguindo unhas órbitas circulares. Estes materiais irían facéndose máis grandes a medida que chocaba a materia que rodeaba ao Sol, máis tarde acabaría formando planetas, satélites e outros corpos celestes que conforman o Sistema Solar.

Agora despois de haber introducido un resumo da creación do universo e dos planetas e Sistemas solares que o forman imos falar da orixe da terra e a teoría de acreción planetesimal. Para empezar, esta teoría considérase válida para a maioría dos corpos sólidos de todo o Sistema Solar, como poden ser: Mercurio, Venus, Marte, Corpos celestes sólidos e Satélites.

Esta teoría di que nas primeiras fases de formación da terra habería grandes cantidades de material orbitando ao redor do Sol, polo que iría xuntándose formando corpos sólidos de pequeno tamaño denominados planetésimos, que máis tarde darían lugar aos protoplanetas. A Terra está aproximadamente formada por entre 10 e 8 protoplanetas e innumerables planetésimos. Durante esta fase de formación da Terra, a Terra estaría nun estado de incandescencia debido aos constantes impactos de corpos, este impactos producían enerxía en forma de calor por iso a Terra está nun estado de incandescencia onde toda a superficie terrestre é líquida. Este estado líquido da Terra daría lugar ás capas da Terra nas que os materiais máis lixeiros fluirían cara o exterior e os máis pesados cara o interior formando a codia, o manto e o núcleo.

Na seguinte fase da Terra, os impactos xa non serían tan frecuentes, polo que comezou unha fase de arrefriamento, dende a superficie ata o interior, aínda así, o núcleo exterior aínda permanece en estado líquido na actualidade.

A calor residual do proceso de formación, é hoxe en día o motor dos procesos xeolóxicos internos, terremotos e volcáns, o desprazamento dos continentes e a formación de montañas.

Despois de que a estrutura terrestre estivese completa, comezou a formarse unha capa de gases que rodeaban á Terra retidos pola súa atracción gravitacional denominada atmosfera. Ao principio esta capa estaría formada por dióxido de carbono en grandes cantidades, aproximadamente nun 80%, Hidróxeno nunha escasa cantidade do 10%, e ao igual ca o Hidróxeno estaría o Nitróxeno con outro 10%. Máis adiante estas porcentaxes cambiarían radicalmente, coma no caso do Nitróxeno que pasaría a ter un 80% da atmosfera terrestre, mentres que o Dióxido de carbono pasaría a límites, tendo nada máis ca un 0’028% aínda que está aumentando debido a cambios coma a revolución industrial ou os combustibles fósiles, alcanzando un 0’040%. No caso do Hidróxeno, este desapareceu debido á súa lixeireza, polo que escapaba da atmosfera, e finalmente a atmosfera experimentou a aparición do Osíxeno debido á aparición dos organismos fotosintéticos que transformaban o Dióxido de carbono en Osíxeno mediante a fotosíntese, o que condicionaría notablemente a evolución biolóxica posterior. A existencia de organismos fotosintéticos ou cianobacterias queda clara pola abundancia dos estromatolitos, rochas formadas pola acumulación deses organismos.

Unha cousa a ter en conta cando falamos sobre a orixe da Terras é a hidrosfera, que ocupa un 70% da superficie terrestre, e ten unha profundidade media de 5.000m nos océanos. O motivo deste feito aínda non está moi aclarado, hai dous teorías principais:

Que na formación da atmosfera orixinal o vapor de auga estivese en estado líquido. 

impacto de grandes cometas formados por grandes masas de xeo 

Como fose, o que si sabemos é que sen a hidrosfera, non habería vida na Terra.


Vídeos explicativos para ampliar información:





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INVISIBLES PERO ESENCIAIS

Cando falamos de xenética case sempre nos ven á cabeza o nome de Gregor Mendel, o monxe austríaco que experimentando con chícharos formulou ...