Este fenómeno é o encargado de diferentes aspectos como o son a protección contra a radiación solar, cambios no clima terrestre ou a influencia que ten sobre as placas tectónicas.
Pero sabiades que sen este campo magnético a vida probablemente non existira? Antes de falar de como afecta este fenómeno a o noso planeta máis a nosa existencia debemos entender que é este campo magnético e por que está xerado.
Que é o campo magnético terrestre e de onde sae?
Como o seu propio nome o indica é un campo magnético que rodea a Terra.
Este Fenómeno nace no arrefiamento da Terra cando os materiais máis pesados como o ferro baixan cara o núcleo do planeta e os máis lixeiros van cara a súa superficie. Esta distribución dos materiais da lugar a actual división da Terra en: codia, manto e núcleo. Cando falamos do núcleo da Terra podemos distinguir dúas partes: o núcleo interno, o cal está fundamentalmente formando por ferro e níquel e que está en estado sólido; e o núcleo externo o cal ten a mesma composición que o interno pero en este os seus compoñentes están en estado líquido, a diferencia de calquera outra capa da Terra. Gracias a que o núcleo externo este en estado líquido e gracias aos movementos de rotación e translación do noso planeta os materiais de esta capa móvense xerando así a noso campo magnético.
Como vai o campo magnético dende o núcleo terrestre hasta o espazo?
O campo magnético enténdese dende o núcleo ata o espazo en forma de liñas
de forza que se diferencian en dous polos: polo norte magnético e polo sur magnético.
Por que é importante este campo para a existencia de vida na Terra?
Este fenómeno probablemente foi algo que influíu positivamente na creación da hidrosfera, que é onde posteriormente apareceron as primeiras formas de vida. O campo magnético tamén axudou de moitas maneiras para a posterior evolución da vida, entre elas: a preservación da atmosfera terrestre, a manter unhas condicións favorables para a evolución e para a diversificación da vida durante longos períodos de tempo e tamén funciona como escudo protector contra a radiación solar.
Como axudou o campo magnético na creación e preservación da atmosfera?
Cando falamos de como se creou a atmosfera o hai que ter en conta que campo magnético xogou un papel moi importante xa que si dende o seu inicio non houbese un campo magnético forte o vento solar podería erosionar a atmosfera, o cal sería un gran problema para o desenvolvemento da vida, xa que, é necesaria unha atmosfera estable para manter unhas condicións favorables para a vida, como temperaturas adecuadas e como gases esenciais, tales como o son o osíxeno, o nitróxeno ou o dióxido de carbono.Como axudou o campo magnético na aparición e posterior desenvolvemento da vida?
Unha das súas funcións máis importantes é o seu papel como un escudo que protexe a superficie da Terra da radiación solar. Sen esta protección poderíase desprender a capa de ozono da atmosfera o cal sería un grave problema xa que esta capa é a que nos protexe da radiación ultra violeta (tamén chamada radiación UV) que emite o Sol. Esta radiación tería terribles condicións sobre a vida.
Que pasa si algún raio de radiación infiltrase na atmosfera?
O campo magnético non é perfecto e as veces algúns dos raios danosos do Sol logran infiltrase nas rexións polares e ao chocar ca atmosfera crean o famoso fenómeno coñecido como as auroras polares.


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.