domingo, 8 de decembro de 2024

Así foi como comenzou todo


Sabemos que hai 3.800 millóns de anos orixinouse no mar a primeira forma de vida, que posteriormente daría lugar a unha gran cantidade de especies. Tamén sabemos que esta primeira forma de vida tiña unha estrutura primitiva moi sinxela e que estaba formada por materia orgánica, aínda en ese momento non á había. Isto converte a nosa orixe nunha incógnita. Existen diferentes teorías para explicalo, pero as mais destacadas serían: a teoría de Oparin (tamén chamada do caldo primitivo) e a teoría da Panspermia. 


-Teoría de Oparin:

Foi feita polo biólogo e bioquímico Aleksandr Oparin (1894-1980). Esta teoría dicía que a vida na Terra xurdira a partir de materia non viva a través dun proceso chamado "evolución química gradual", este termo serve para referirse a como as molécula mais simple transfórmanse ou combínanse ao largo do tempo para formar outras moléculas mais complexas.
                                                                                   
 
Oparin describe que no inicio a Terra tería abundante auga, unha temperatura elevada e que a atmosfera primitiva é moi diferente á actual. El pensou que a combinación da alta temperatura terrestre, cos raios ultravioletas e as descargas eléctricas da atmosfera daría lugar á enerxía necesaria para provocar reaccións químicas con distintos elementos e que orixinou diferentes compostos que formarían moléculas orgánicas, por exemplo os aminoácidos. Pouco a pouco as sustancias orgánicas irían enriquecendo os océanos primitivos hasta dar lugar ao primeiro se vivo.

A pesar de que foi fortemente criticada, esta teoría contou co apoio dos científicos Stanley Miller e Harold Urey, que en 1953 levaron a cabo un experimento para comprobar a idea de Oparin. Eles construíron no laboratorio un sistema cerrado no que se trataría de recrear as condición da atmosfera primitiva. O sistema, ademais dos gases que previsiblemente formaban esta atmosfera, tamén tiña auga quente e para simular os raios que posiblemente proporcionaron a enerxía necesaria para as reaccións químicas fixeron pasar chispas a través dun sistema experimental. Os científicos deixaron que o experimento funcionara durante unha semana, ao observalo despois déronse conta que habían logrado formar varios tipos de moléculas orgánicas. 

Mais tarde, acabaríanse levando acabo mais experimentos similares que daría lugar a compostos mais complexos, e que demostrarían que si é posible xerar vida nesas condicións.




-Teoría da Panpermia:

Esta teoría propón a hipótese de que la vida (en forma de bacterias ou outros microorganismos) está en todo el universo, situados en cometas e asteroides que os van transportando. Ademais nega que na Terra déranse as condición necesarias para que se orixinara a vida e que por iso tivera que vir no exterior.

A hipótesis foi enunciada por primeira vez polo científico Hermann Richter en 1865, aínda que o seu principal defensor foi o químico sueco Svante August Arrhenios. Existen dous modelos da teoría:
  • Panspermia natural: Di que a vida chegou á Terra a través dun dos meteoritos que impactou contra a ela. Este meteorito, contiña vida moi sinxela que proviña dun planeta máis ou menos próximo. Posteriormente, esta forma de vida iría prosperando e dando lugar a outras formas de vida. 
  • Panspermia dirixida ou artificial: Di que a vida que chegou á Terra foi enviada por seres doutro planeta.
Esta hipótese é moi controvertida, posto que non hai moitas evidencias para demostrala. Pero unhas investigacións que se levaron a cabo demostran que hai bacterias capaces de soportar condicións moi hostís , polo que se supuxo que serían capaces de aguantar unha viaxe polo espazo. Tamén hai estudos que indican que no espazo e posible sintetizar moitas moléculas orgánicas de forma espontánea, por lo que a materia prima que orixinou a vida podería vir de case calquera parte do universo, aínda que xera moitas dúbidas que foran microorganismos compostos. Por último, en 1996 un grupo de científicos da NASA encontrou sinais de vida nun meteorito proveniente de Marte.





















 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INVISIBLES PERO ESENCIAIS

Cando falamos de xenética case sempre nos ven á cabeza o nome de Gregor Mendel, o monxe austríaco que experimentando con chícharos formulou ...