Na Terra existe un factor que diferenza o noso planeta dos demais do sistema solar: a presenza de vida, moi diversa e abundante. Pero non sempre existiron os seres vivos na Terra. Entón, cando e como apareceu a vida no planeta?
Toda forma de vida actual procede dun mesmo ser vivo que apareceu nos océanos fai 3800 m.a. Estes seres vivos eran semellantes ás bacterias máis simples. Como era un ser vivo, estaba formado por materia orgánica aínda que non existía ese tipo de substancias no planeta Terra naquela época. Para explicar isto xurdiron varias teorías diferentes como a teoría de Oparin (ou caldo primitivo) e a teoría da Panspermia. Aínda que hai outras máis antigas e que non están de todo apoiadas pola ciencia.
-.Teoría do creacionismo:
As primeiras explicacións que se propuxeron sobre a orixe da vida partía da concepción relixiosa do cosmos. Segundo esta proposta, as deidades antigas eran as responsables da creación de todo o que existía. Esta idea recollese en diversos textos relixiosos como a Biblia, o Corán... no que un ou varios deuses crean a humanidade a partir de obxectos inanimados.
Este punto de vista mantívose ata a Idade Moderna.
-.Teoría da xeración espontánea:
As raíces desta teoría están en filósofos como Aristóteles, Descartes ou Jean Baptiste Lamarck.
Orixinalmente, así era como explicaban a aparición de pragas pero estes animais -ratas, piollos, etc- reproducíanse polo que foi confrontada por este motivo.
Despois, a partir de experimentos, a teoría da xeración espontánea só mantivo a idea de que só os microorganismos xerábanse de maneira espontánea e que, a partir deles, evolucionaban o resto dos seres vivos. Só cos experimentos de Pasteur foi posible refutar esta teoría. este químico demostrou a existencia de microorganismos que contaminaban as substancias e facían que fermentasen.
Esta
teoría é a explicación que deu o bioquímico Aleksandr Ivánovich Oparin
(1894-1980) para resolver a interrogante que había a cerca do orixe da vida.
O científico propón que a Terra primitiva presentaba unhas características completamente diferentes que permitiron a creación de compostos orgánicos e, posteriormente, de vida.
Neste escenario habería unha composición atmosférica completamente diferente á actual, a temperatura sería elevada e a Terra estaría composta por gran cantidade de auga. Tamén habería tormentas moi frecuentes que reaccionarían co océano dando lugar a compostos orgánicos simples que irían desenvolvéndose a compostos máis complexos.
Foi anunciada por Hermann Richter pero o seu maior expoñente foi Svante August Arrehenius.
Esta é unha das variantes da teoría da Panspermia xa que hai outra que propón que a vida chegou á Terra enviada por seres intelixentes dende outro planeta máis afastado. Aínda que esta parte da teoría non esta comprobada nin apoiada por ningún estudo nin descubrimento.
Os científicos que secundan esta teoría afirman que as moléculas orgánicas pódense producir en condicións posibles no espazo. Tamén se atoparon varios meteoritos que contiñan compostor orgánicos.
En xeral, esta teoría e moi controvertido xa que ten indicios de ser certa pero tamén ten cuestións sen resposta.
Descubriron que as bacterias podían soportar condicións extremas polo que os científicos supuxeron que poderían habitar no espazo. Outra cousa que tamén descubriron foi o feito de que moitas moléculas orgánicas pódense sintetizar no espazo. A raíz disto, algúns investigadores comezaron a barallar a posibilidade de que a vida terrestre viñera dende fóra.
No 1 996 a NASA anunciou que habían descuberto nun meteoríto que veu de Marte con sinais de vida. Anos máis tarde, atopáronse vida noutros meteoritos pero aínda hai moita controversia arredor deste tema.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.