A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra retidos pola súa atracción gravitacional. Esta mestura de gases que forma a atmosfera recibe o nome de aire. É a capa máis externa e menos densa do planeta. Orixinouse hai aproximadamente 4.500 millóns de anos cando a Terra estaba no seu proceso de formación, a partir de gases emanados desde a superficie da Terra e despois enriqueceuse polas emisións debidas a actividade volcánica.
Inicialmente: Estaba formada por CO2, como as atmosferas de Venus e Marte, este gas represente máis do 90% da composición e tiña ausencia de O2.
Posteriormente: A aparición de seres vivos fotosintéticos (cianobacterias) fixo que se reducira o CO2 a menos do 0,01% e a presenza de O2 ao 21%, o que condicionaría a evolución biolóxica posterior.
CIANOBACTERIAS: As cianobacterias son organismos microscópicos que fan a fotosíntese. Toman carbono da atmosfera, nutrientes, auga e luz do sol para fabricar o seu alimento, e liberan osíxeno como produto de refugallo. Viven en ambientes de auga doce e salgada. A aparición das cianobacterias foi un
acontecemento importante, xa que liberaban grandes cantidades de osíxeno, que foi fundamental posteriormente. Ao principio da vida na Terra ademais da falta de osíxeno, a luz solar era mortal. Os raios ultravioletas causaban danos aos primeiros microorganismos. As cianobacterias, presentaban nas súas células unha substancia que as protexía dos raios e co incremento do osíxeno, grazas a elas, formouse a capa de ozono que nos protexe da radiación ultravioleta. Xunto con outros microorganismos, as cianobacterias son responsables da produción de aproximadamente o 50% do osíxeno global. Aínda que as cianobacterias en grandes cantidades poden ter efectos dañinos. Grandes poboacións de cianobacterias esgotan o osíxeno da auga. Ten como algunha das consecuencias que poden matar os peixes. Ademáis o papel das cianobacterias queda evidenciado pola abundancia dos estromatolitos, rochas formadas por area e pola acumulación de restos destes organismos, que chegaron moitos deles fosilizados desta época.

Actualmente: O CO2 está a aumentar, desde a revolución industrial, pero nos últimos anos máis debido o uso de combustibles fósiles como fonte enerxética. Na primeira metade do século XIX a súa proporción era de 0,028% e hoxe en día casi de 0,040%. Este gas é un dos principais causantes do efecto invernadoiro, este aumento tradúcese nun quecemento atmosférico global que é a principal causa do cambio climático.
O vapor de auga tamén ten unha presenza relevante e a súa porcentaxe e variable, entre o 0% e 4%.
O hidróxeno que estaba moi presente nas emanacións iniciais, non o está actualmente, xa que debido a que é tan lixeiro, a terra non exerce suficiente atracción gravitacional para retelo.
A atmosfera e a hidrosfera constitúen o sistema de capas fluídas superficiais do planeta. As correntes de aire disminuyen as diferenzas de temperatura entre o día e a noite, distribuíndo a calor por toda a superficie do planeta. Este sistema evita que as noites sexan xélidas ou que os días sexan moi quentes.
Ademáis, a atmosfera protexe a vida na Terra, absorbendo gran parte da radiación solar ultravioleta na capa de ozono(é unha capa vital, xa que sen esta capa protectora, a radiación UV chegaría de maneira directa á superficie da terra, provocando estragos para o planeta). Ademais, actúa como escudo protector contra os meteoritos, os cales se desintegran en po ao facer contacto co aire.

CURIOSIDADE: A característica da composición do aire, permite que as lonxitudes de onda azuis sexan máis visibles que as doutras cores, o cal dá unha cor azulado á atmosfera terrestre desde o espazo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.