O nacemento da Terra pódese explicar de forma máis clara grazas a Teoría de Acreción planetesimal. Esta teoría acláranos como se forman e evolucionan os planetas, as estrelas e os sistemas planetarios
enteiros. Esta teoría explícanos como pequenas partículas de po e gas no espacio vanse xuntando
para formar corpos máis grandes, como planetesimais, ata converterse en planetas.
Os científicos ven con telescopios como os discos de gas e po que rodean as estrelas xóvenes, con modelos matemáticos e físicos. Por exemplo, pódenos axudar a entender por que algúns planetas son
rochosos como a Terra, mentres que outros están feitos de gas, como Xúpiter. Isto permítenos coñecer mellor como se forman os planetas e que características teñen.
A orixe da Terra
Hai 4.500 millón de anos, o Sistema Solar comezou a formarse a partir dunha nube de gas e po chamada nebulosa protoestrela. Esta nube colapsou debido a súa propia gravidade, creando o Sol no centro e un disco de material ao seu redor. Neste disco comezaron a formarse os planetas.
As partículas do po e gas do disco comezaron a
xuntarse formando pequenos corpos chamados
planetésimos. Estes planetesimais foron chocando
entre si, o que fixo que se convertisen en corpos
máis grandes chamados protoplanetas. A Terra
formouse cando varios protoplanetas e
planetesimais se xuntaron, liberando moita calor e
converténdose nunha bola de rocha fundida. Nese
estado, os materiais máis pesados ( como o ferro )
afundiron cara ao centro, formando o núcleo, e os
materiais máis lixeiros cara o exterior, formando
o manto e a codia.
Cando a Terra estaba en formación sufriu un gran impacto cun corpo chamado Theia, que era do tamaño de Marte. Esta colisión foi tan forte que parte do material de ambos corpos foi lanzado ao espazo e co tempo, este material xuntouse para formar a Lúa. Despois, a Terra comezou a arrefiarse e a súa codia solidificouse, pero o núcleo seguía quente e líquido debido á gran calor interna que queda no planeta.
Este calor é fundamental para os procesos xeolóxicos da Terra, como o movemento das placas tectónicas. O calor interno fai que as placas que forman a codia se movan. Cando estas placas se atopan ou se separan, prodúcense terremotos, volcáns e a formación de montañas. Esta actividade tamén é a que fai que os continentes se desplacen co paso do tempo. Sen esta calor a Terra non sería un planeta tan dinámico e en constante cambio.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.