O sónar é unha tecnoloxía fundamental na evolución dos coñecementos do ser humano que foi de gran axuda en distintos campos e ámbitos. Este instrumento utiliza ondas sonoras para detectar obxectos baixo o mar, fai mapas e mide a distancia que hai ata o obxecto localizado.
Certos animais utilizaron o son como mecanismo de defensa, para localizar posibles presas, defender o territorio ou simplemente detectar obxectos durante toda a súa evolución como poden ser os morcegos, os golfiños ou as baleas. A esta característica se lle deu o nome de Ecolocalización. O uso por parte dos seres humanos do sónar moderno que é o máis preciso non se dou ata 1917.
A HISTORIA DO SÓNAR
Comezáronse a facer investigacións sobre o uso do son durante a guerra mundial pola necesidade de detectar os submarinos inimigos e uns anos despois, no inicio da segunda guerra mundial, incrementáronse masivamente esas investigacións. Baixo as mans dunha persoa que soubera controlar o instrumento podía ser unha das armas máis letais, pois daba información concreta de onde estaban situados os opoñentes e daba camiño libre para actuar contra eles da maneira máis axeitada. A día de hoxe o sonar está totalmente desenvolvido e existen varios tipos.
O FUNCIONAMENTO DO SÓNAR
O funcionamento do sónar é simple de entender. O mecanismo emite ondas de son cara o mar. Estas viaxan entre a auga ata que encontran un obxecto. Cando isto ocorre as ondas reflíctense de volta cara o sensor que anteriormente as emitiu e o sistema calcula a distancia á que se encontra dependendo do tempo que tarde en chegar de volta.
A SÚA APLICACIÓN NA CIENCIA
O uso sónar non quedou reducido soamente á aplicación militar, se non que foi utilizado tanto en labores como a pesca, en meteoroloxía mariña, buzos e sobre todo tivo unha gran contribución na ciencia.
A ciencia mariña débelle moito as persoas que pasaron anos e anos investigando acerca do son e fixeron posible o desenvolvemento este artefacto que hoxe en día é imprescindible para o estudo mariño. O sónar permitiu detectar obxectos debaixo da auga, estudar e entender o comportamento dos ecosistemas oceánicos e facer mapas do fondo oceánico entre outras.
Debido ás profundidades e ás condicións extremas do fondo mariño resultaba imposible exploralo, por iso o sónar é crucial á hora de crear mapas deste. Utilízano para realizar mapas máis precisos e detallados que fai máis fácil entender a xeoloxía do océano. Obtéñense imaxes de volcáns, montañas, canóns e outros tipos de formacións submarinas.
Podemos dicir que un moi bo exemplo desta afirmación é a Teoría da Expansión do Fondo Oceánico, postulada por Hess en 1962. Recordando o que este afirmaba, polas dorsais oceánicas producíase un ascenso de material procedente do manto en forma de magma, que ía formando nova codia oceánica e a medida que ía arrefriando ía desprazando ambos lados do rift. Dábase así unha creación continua de fondo que a vez era destruído nas fosas, onde o material volvía ao manto. Pois as dorsais, as fosas abisais, os noiros continentais e as chairas abisais entre outras formas de relevo mariño foron descubertos grazas ao sónar polo tanto sábese que unha parte do traballo de Hess débella a este instrumento.
Os investigadores tamén utilizan o sónar para estudar a vida mariña e os ecosistemas mariños. O emprego deste é fundamental xa que abriu a porta a novos coñecementos xa que permite monitorear os diferentes patróns de migración de especies como peixes, golfiños, baleas, etc. O sonar permite Saber como se relacionan e interactúan os seres vivos en diferentes zonas do océano e tamén determinar a saúde do ecosistema. É utilizado para realizar censos das especies mariñas e saber a abundancia e a zona de distribución das especies como os peixes.
O instrumento tamén xoga un papel importante na investigación de terremotos submarino, na busca de materias e recursos naturais e os xa mencionados antes, os procesos tectónicos.
Outra característica que pode determinar o mecanismo é que tipo de fondo encontramos en un determinado lugar: grava, fango, area, etc.
Tamén pode monitorizar os glaciares submarinos. Estuda o derretemento e é totalmente imprescindible para a avaliación dos efectos do cambio climático.
O sónar evolucionou moi rapidamente o que fixo posible a súa incorporación tanto na ciencia como na pesca e algúns outros campos máis dentro de vida do ser humano. É importante apreciar a cantidade de descubrimentos e capacidades das que agora gozamos grazas ao desenvolvemento desta nova tecnoloxía que tan útil nos resultou. Quen chagaría a pensar que un instrumento creado con fins violentos así como o é a guerra puido chegar a facer o efecto contrario. Porque si, a ciencia é a mesma para todos e nos une para traballar xuntos é evolucionar debidamente como sociedade.





Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.