Na actualidade, a teoría Darwinista da evolución é a teoría máis coñecida, por iso este blog vaise centrar noutra hipótese, que desafía a temporalidade da evolución continuísta: o equilibrio puntuado. Esta teoría propón que a evolución das especies non é gradual e continua senón máis abrupta e en menor tempo. Este blog intenta explicar esta teoría, contar como xurde, os autores que están detrás dela e poñer exemplos que nos permitan recoñecer que está de plena actualidade.
A evolución darwinista
En 1859, no seu libro "O orixe das especies", Darwin propuxo a evolución das especies por vía da selección natural, acumulando pequenos cambios durante un período de tempo moi extenso. Esta visión é coñecida como "gradualismo", que se caracteriza por definir a evolución como un proceso progresivo, constante e lento, así pouco a pouco, as especies irían evolucionando para adaptarse mellor ó entorno.
A proposta do equilibrio puntuado
En 1972, os paleontólogos Stephen Jay Gould e Niles Eldredge pensaron nunha idea revolucionaria: O equilibrio puntuado (punctuated equilibrium en inglés). A súa teoría xurde de estudar os fósiles, eles notaron algo raro...
Esta teoría postula que una vez que se atopa un fósil de unha especie, a poboación de esa especie permanece estable e mostra poucos cambios evolutivos na súa historia xeolóxica. Segundo esta teoría, a maior parte das especies permanecen sen cambios significativos durante períodos longos de tempo (equilibrio ou estase), e que os cambios que modifican a especie sucedían en períodos puntuais, de forma explosiva e coincidindo co nacemento de novos individuos.

Esta teoría en propón que en lugar dunha evolución continua como subir unha costa de pouca pendente, as especies soben unha especie de escaleira rota na cal, de súpeto ascenden e, polo tanto, evolucionan.
O exemplo máis claro que deu a parella de paleontólogos foi cun estudo no Lago Turkana na África Oriental. Onde observando unha serie de fósiles de Moluscos, Gasterópodos e Bivalvos observaron patróns que se repetían na xa mencionada estase morfolóxica durante longos períodos (as súas formas non mostraban cambios) e despois, unha substitución abrupta por outra especie. Todo isto sucedía sen especies intermedias visibles, con estas probas, a explicación da evolución destas especies cun modelo puramente gradualista, non parecía a correcta.
Enfróntase ao darwinismo?
Non exactamente, por suposto non negan a selección natural, senón que cuestionan o ritmo co que se deron os cambios, poderíamos dicir que complementa á visión clásica de Darwin. Segundo esta teoría, o ambiente pode permanecer estable durante moito tempo, mantendo as especies exactamente iguais, pero cando sucede un cambio brusco no ecosistema como unha glaciación, separación de continentes ou unha erupción, os cambios nesta especie aceléranse e poden suceder nunha soa xeración.
Falamos só de fósiles?
A evolución puntuada no so axuda a explicar o rexistro fósil, tamén axuda a explicar as dinámicas da bioloxía molecular, e incluso os cambios sociais e tecnolóxicos.
Explica a caída repentina de especies, culturas e tecnoloxías. Desde volcáns ata cambio climatizo: cando largos períodos de estabilidade son interrompidos por cambios súpetos que dan forma ó noso mundo.
A qué se pode aplicar esta teoría?
- Á bioloxía.
- Á creatividade humana
- Á tecnoloxía
A evolución tecnolóxica sigue con frecuencia un patrón de saltos repentinos en lugar de progreso constante. Por exemplo o que esta ocorrendo na actualidade coa intelixencia artificial (IA). Durante anos a IA avanzou moi lentamente, pero coa aparición de modelos de linguaxe esát dándose una explosión de avances que se poden aplicar á industria, a medicina e á vida cotiá que cambiou da noite para a mañá.
- O cambio climático.
A liberación masiva de dióxido de carbono dende a revolución industrial levou a cambios climáticos drásticos no último século. Este é outro exemplo de como a evolución puntuada pode operar a escala planetaria.



Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.