martes, 17 de xuño de 2025

A PRIMEIRA TEORÍA EVOLUTIVA

 

1. Introdución.
Durante o século XIX houbo un importante debate entre dúas correntes de pensamento opostas: o fixismo e o evolucionismo.
Neste traballo vou falar do evolucionismo e en concreto da primeira teoría evolucionista explicada. Foi proposta en 1809 por Jean Baptista de Monet, cabaleiro de Lamarck. Foi publicada no seu libro "Filosofía zoolóxica . Esta teoría foi coñecida como lamarkismo ou herdanza dos caracteres adquiridos.
A súa teoría non foi ben recibida por unha boa parte da comunidade ciéntifica.No século XIX esta teoría opoñíase ao fixismo. Como as ideas fixistas eran moi aceptadas  a maioría dos naturalistas da época pensou que os postulados de Lamarck non tiñan unha base científica suficiente e firme para ser aceptada.
Non foi tida en conta ata mediados de século onde a publicación das teorías evolutivas de Darwin e Wallace reabriron o debate sobre o evolucionismo.

2. Biografía de Lamarck.
Jean Baptiste de Monet. Jean, ou tamén coñecido como cabaleiro de Lamarck, foi un naturalista que naceu o 1 de agosto de 1744 en Francia e morre o 18 de decembro de 1829 en Francia. Lamarck non só era naturalista tamén ten o grao de oficial do exército francés. 

A súa carreira militar foi curta. Participou na guerra dos Sete Anos. Chegou a converterse en cabaleiro. En 1768 sufriu unha importante lesión no pescozo o que lle obligou a abandonar a carreira militar.

Tras isto decide estudar medicina durante catro anos pero nunca vai a practicala. Tamén recibiu formación en botánica, a cal se convertería nunha das súas paixóns xunto coas ciencias naturais. Fixo importantes traballos de investigación no campo da botánica. En 1793 vai a traballar no "Xardín de plantas de París". Logo vai a traballar no Museo de Historia Natural onde é nomeado catedrático de Ciencias Naturais. Neste ambiente é onde vai empezar a explorar o mundo das especies.

Unha boa parte da súa obra desenvolveuna no tempo no que estivo como catedrático de invertebrados e fai referencia a  estes.

Un dos seus principais traballos, os sete volumes de "Historie naturalle des animaux sans vertèbres" (1815-1822). Os escribiu en gran parte ditándolle a unha das súas fillas, xa que quedou cego en 1819.

Pasou a última parte da súa vida ignorado e ao coidado das súas irmáns ata a súa morte.

3. Un gran científico.

Lamarck dedicou gran parte da súa vida ao estudo e clasificación dos invertebrados, incluídos os fósiles. Chegou a conclusión de que as especies actuais son máis complexas que as extintas.

A súa influencia nas Ciencias Naturais foi moi importante. As súas achegas máis significativas son:

  • Contribuíu a creación do termo "Bioloxía".
  • A el débese a diferenciación básica entre vertebrados e invertebrados. 
  • É considerado o fundador da Paleontoloxía de invertebrados. Ao estudar os fósiles observou que algúns tiñan un aspecto intermedio entre uns máis antigos e outros máis modernos o que lle levou a pensar cuns procedían dos outros.
  • Propuxo a orixe da vida como un proceso natural baseado en leis físico-químicas, en contra das ideas creacionistas.

4. Postulados da teoría de Lamarck.

1. Importancia do medio ambiente. 

A modificación das condicións do medio ambiente é o motor que impulsa o cambio nos organismos. Os seres vivos cambian para adaptarse ao seu entorno.

2. Lei do uso e desuso.

Os organismos esfórzanse continuamente para adaptarse as condicións do medio no que viven. Isto fai que desenvolvan progresivamente os órganos, que máis utilizan, para realizar unhas determinadas funcións o cal leva a que se produza unha atrofia nos órganos menos usados.

3. A función crea o órgano.

O tamaño e a forma dun órgano poden verse modificados en función do uso que se fai del. Si os cambios ambientais crean novas necesidades nos organismos, pode pasar, como resposta que a estas modificacións ,aparezan órganos novos. "A función fai a forma, e non ao revés".

4. Herdanza dos caracteres hereditarios.

As modificacións que teñan lugar nos órganos transmítense aos descendentes. Deste xeito estas novas características son herdadas polos descendentes.

5. Exemplos do Lamarkismo.

Para Lamarck os canguros e as avestruces tiñan as patas moi desenvolvidas porque as usaban moito. En cambio, tanto as ás das avestruces como as extremidades superiores dos canguros, como non as usaban, reduciron o seu tamaño.

Os cornos dos cervos macho son moi grandes polo seu uso. Como son frecuentes as pelexas con outros cervos, vanse desarrolando e facéndose
máis resistentes.

Polo que respecta a orixe do pescozo das xirafas, Lamarck pensaba que as xirafas tiveron a necesidade de alimentarse das follas das árbores. Isto fixo que para conseguir o alimento tiveran que estirar o pescozo cada vez máis.

As xirafas que non estiraban o pescozo desaparecían, con pouca ou ningunha descendencia. As xirafas do pescozo longo ademais de sobrevivir, tiñan descendencia a cal lle transmitían esta característica. Así, xeración tras xeración, as xirafas foron alongando progresivamente
o pescozo  ata dar orixe as xirafas actuais.

6. Erros na teoría de Lamarck.

A teoría de Lamarck foi a pioneira no estudio da evolución, pero presenta varios erros fundamentais.

Un dos principais é o concepto da herdanza dos caracteres adquiridos, é dicir, a idea de que as modificacións físicas desenvolvidas durante a vida dun individuo transmítese á descendencia. Esta afirmación non é correcta, xa que as modificacións xenéticas, que son as que se herdan, non se producen como resultado do uso ou desuso dun órgano.

Tamén considérase desfasado o feito de que o uso de utilizar moito as partes do corpo non fai que estas  adapten a súa morfoloxía para mellorar a súa función, salvo excepcións. Hoxe se sabe que os individuos teñen unha marxe de posibilidades limitada á hora de modificar o seu corpo co uso. Por exemplo, o pescozo non se alonga polo simple feito de estiralo, e o mesmo pasa coas pernas e outras partes do corpo.

Recentemente, descubriuse un tipo de xene cuxa función é reiniciar o epixenoma das formas de vida que están sendo creadas na fase de zigoto, é dicir, asegurarse de que non existan cambios adquiridos que podan ser herdados pola descendencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INVISIBLES PERO ESENCIAIS

Cando falamos de xenética case sempre nos ven á cabeza o nome de Gregor Mendel, o monxe austríaco que experimentando con chícharos formulou ...