luns, 16 de xuño de 2025

MENDEL: O PAI DA XENÉTICA QUE NINGUÉN ESCOITOU


Nunca te preguntaches por qué herdamos os ollos de nosos pais, os seus defectos, cor de pel, tipo de pelo e os rasgos en xeral? Isto é debido a xenética mendeliana.

Hoxe véñovos presentar ao pai da xenética moderna, Gregor Mendel.

Como iniciou todo isto?

Entre 1856 e 1863, Mendel cultivou máis de 28 000 plantas de chícharo no xardín do mosteiro de Brno. Observou todas as características dos chícharos para logo comparalos na seguinte xeración filial, o cambio de características co cruzamento de diferentes razas puras, deixou claro a herdanza e o cambio de características de pais a fillos.

En 1866 publicou os seus resultados neste artigo.

Un xenio ignorado

Primeira lei de Mendel
Mendel mesturou as matemáticas coa xenética, algo que ningún outro científico había feito e crían que a herdanza era unha mestura continua e non entendían o papel dos cromosomas ou o ADN.

Mendel publicou estes resultados en 1866, pero ninguén os destacou. Ata que, no 1900, os tres científicos Hugo de Vries, botánico holandés, xunto a Carl Correns e Erich von Tschermak, obtiveron conclusións moi semellantes, cando buscaban antecedentes. Quedaron abraiados logo de atopar os traballos de Mendel 34 anos antes.

Estes documentos feitos por Mendel explicaban como se obtiña a herdanza xenética con tres simples leis.

1. Primeira lei, ou Principio da uniformidade: Consiste na mestura de dous razas puras que obteñen fillos mesturados cos dous alelos, ao mesturar un alelo dominante (AA) e un alelo recesivo (aa) obtense un alelo heterocigoto (Aa), como se describe na imaxe da dereita.

2. Segunda lei, ou Principio da segregación: Logo de ter a primeira xeración filial (F1) o fenotipo recesivo (a) queda oculto baixo o dominante (A), o que fai que se mostre o fenotipo “A aínda que sexa unha mestura entre os fenotipos “A e “a.

3. Terceira lei, ou Principio da transmisión independente: Nesta lei Mendel viu que as características que el observaba atopábanse en cromosomas afastados. Así deuse conta de que as características transmitíanse independentemente uns dos outros. Esta lei deixa de cumprise cando dous xenes están moi próximos e non se separan na meiose.

Por qué non se descubriron antes os resultados?

Logo de obter as súas conclusións, Mendel publicou os seus resultados en 1866 na revista Verhandlungen des naturforschenden Vereins (Actas da Asociación de Naturalistas de Brno), pero ninguén deuse conta do que Mendel descubriu.

Pero, como foi isto posible? O motivo pode ser o seguinte:

A bioloxía desa época estaba dominada pola idea da “mestura” dos xenes, sumado a iso, Mendel escribía de forma moi técnica e con moitas matemáticas, o que provocou que solo a xente con estudos puidese comprendelos, algo que na época non abundaba.
Ademais debido as limitacións da época na divulgación, as publicacións de Mendel non chegaron aos grandes científicos de Europa.

Logo de publicar os seus resultados, Mendel continuou coidando do mosteiro, ata que, morreu en 1884, sen saber que fixo un dos descubrimentos máis grandes da ciencia.

O redescubrimento de Mendel

No 1900 os científicos Hugo de Vries, Carl Correns e Erich von Tschermak fixeron experimentos semellantes, os cales, ao revisar a bibliografía antiga, para así demostrar que eran os primeiros en descubrir iso, déronse de conta de que Mendel xa descubrira todo aquelo 34 anos antes.

Dende entón comenzou a súa recuperación histórica, os seus descubrimentos pasaron a ser a base da xenética moderna e o seu nome aparece en todos os libros de historia.

O libro de Mendel

“fraude de Mendel

Por último, como dato curioso, vou contar como sinalaron de fraude a teoría de Mendel. No 1936, Ronald A. Fisher estudou os datos orixinais do traballo de Mendel e deuse conta que eran moi perfectos, demasiado bo como para ser certo.

Unha proba de estadística sinalou que a probabilidade de obter uns resultados tan axustados ao modelo de Mendel foi do 0,00007.

Moi probablemente Mendel alterou lixeiramente os seus datos para que se axustasen dunha maneira perfecta ao esperado.

Finalmente, Fisher non acusou a falsificación a Mendel, se non aos seus asistentes, que querían agradar ao seu mentor.

Vídeo sobre a historia de Mendel

Para finalizar, deíxovos un vídeo que explica a historia de Gregor Mendel.

Referenzas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INVISIBLES PERO ESENCIAIS

Cando falamos de xenética case sempre nos ven á cabeza o nome de Gregor Mendel, o monxe austríaco que experimentando con chícharos formulou ...