A medida que a Terra evolucionaba, ese gran continente comezou a fragmentarse e a desprazarse ata dar orixe á localización actual.
Isto resultou ser certo grazas a diversas probas que foron descubertas tempo despois, pero Wegener non foi capaz de explicar de maneira correcta o que facía mover os continentes. As súas ideas sobre a atracción lunar e sobre que o océano era inmóbil resultaron ser insuficientes e quedaron descartadas pola comunidade científica.
A pesar de todas as debilidades que tiña a deriva continental, todas as evidencias do desprazamento dos continentes seguiron acumulándose e outros investigadores axudaron a descubrir diferentes argumentos para probar esta teoría.
Entre moitas destacan as probas xeográficas, que consisten en analizar a forma dos continentes e a súa posible conexión no pasado.
Unha das evidencias máis importantes destas probas son o encaixe perfecto dos bordes continentais, pero que ao longo de millóns de anos sufriron procesos xeolóxicos e climáticos que modificaron un pouco as costas actuais a través de erosións e acumulacións de sedimentos, polo que non forman un puzzle perfecto.
Aínda así, estas probas seguíanse considerando unha coincidencia, pero esta vólvese máis real se en lugar de fixarnos nas costas actuais, que están lixeiramente alteradas, se teñan en conta os bordos da plataforma continental, que representan os límites reais dos continentes baixo o océano. Estas sufriron moito menos cambios e deformacións xa que ao estar baixo auga estiveron protexidas de fenómenos erosivos e a acción do vento, polo que manteñen a súa forma orixinal.
O maior descubrimento foi que América e África encaixaban ben a simple vista, pero ao comprobar o noiro continental, a súa conexión no pasado era innegable. Ao analizar nun ordenador un mapa, comprobouse que as plataformas continentais de ambos continentes axustábanse moi ben e moito máis que as súas costas, o que significaba que no pasado estiveron xuntas nunha mesma masa.
Isto non só se limita a estes dous continentes, senón que outros tamén mostraban un encaixe importante cando se observaban os bordes submarinos.
Por exemplo, América do Norte encaixa con Europa e Madagascar coa costa oriental de África.
Ademais, hoxe en día existe un proceso xeolóxico en curso que demostra como os continentes seguen en movemento. No leste de África, na zona do Gran Val do Rift está producíndose unha separación da Placa Somalí da Placa Africana. Este proceso está provocando a aparición de grandes fisuras e actividade volcánica. Uns estudos científicos indican que dentro de millóns de anos esta rexión podería dividirse completamente do resto de África, creando un novo océano.
Está demostrado que os continentes seguen movéndose, e isto leva a preguntarnos: como será a Terra se segue desprazándose dentro de millóns de anos?"
APERTURA DE NOVOS OCÉANOS: Coa fragmentación dos continentes abriríanse novos océanos entre estas masas, xerando enormes cambios na xeografía terrestre.
A EVOLUCIÓN DA VIDA:
IMPACTO NA HUMANIDADE:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.