Alfred Wegener foi un científico alemán que se especializou en meteoroloxía e climatoloxía. En 1912, Wegener fai pública a súa teoría sobre a fragmentación e o desprazamento dos continentes ao longo da historia da terra, a partir da selección de diferentes probas.
Esta teoría foi a Deriva Continental, que quedou recollida no libro “A orixe dos continentes e océanos”, no que se recollía que os continentes movéranse, afastándose dunha única masa de terra en varios fragmentos ata a situación actual. A este continente xunto chamoulle Panxea.
Aportou varias probas, as que se engadiron as doutros investigadores, para verificar o desprazamento dos continentes. As probas máis importantes foron as probas paleontolóxicas.Atopáronse estas especies de fauna:
Cynognathus: Era un réptil de tamaño mediano, cunha lonxitude de 2 a 3 metros. A cabeza era grande, tiña mandíbulas fortes e un fuciño distintivo. Os seus dentes eran afiados e adaptados para unha dieta carnívora e tiña unha postura erguida. Era un animal activo e áxil. Encontráronse restos en Sudáfrica e América do Sur.
- Lystrosaurus: Era un réptil de tamaño pequeno e pesado. Tiña un pescozo curto e unha cabeza grande. O Lystrosaurus probablemente era herbívoro ou omnívoro polos seus dentes. O seu corpo estaba adaptado a vida terrestre. Tiña as patas curtas e fortes. Encontráronse restos en Antártida, África, India e China.
- Mesosaurus: Era un réptil pequeno, e tiña un corpo alongado adaptado para nadar. Tiña un pescozo longo e a súa cabeza era pequena. Tiña dentes afiados e unha cola longa. Pasaba moito tempo baixo a auga pero as súas extremidades non estaban moi adaptadas para a natación. Era un carnívoro acuático, que se alimentaba normalmente de peixes pequenos. Atopáronse fósiles en Sudáfrica e Brasil.

Na flora atopáronse estas especies:
- Glossopteris: Era un fento, da familia de plantas ximnospermas. As súas follas eran grandes, e alargadas ou as veces triangulares. Eran plantas de tamaño mediano. Atopáronse fósiles en Sudamérica, África, India, Australia e a Antártida.





Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.