A atmosfera que rodea o noso
planeta é unha das partes máis alucinantes e esenciais para a vida na Terra, non
só nos proporciona osíxeno para respirar, senón que tamén actúa como un escudo
protector contra perigos, regula o clima e crea a vida no planeta..
A súa historia comeza fai miles de millóns de anos e está chea de evolucións ou transformacións que foron mellorando as condicións para que hoxe en día, poidamos
respirar. Agora, exploraremos a orixe e evolución da atmosfera
terrestre, dende os seus primeiros momentos ata a súa composición actual e as
cinco capas principais da atmosfera.
Orixe da Atmosfera Terrestre:
Orixe da atmosfera primitiva: o nacemento do aire.
Hai uns 4.500 millóns de anos, cando a Terra era unha bola incandescente de rocha fundida, a atmosfera estaba composta principalmente de gases como hidróxeno e helio. Por iso, esta atmosfera inicial foi arrastrada polo vento solar debido á ausencia dun campo magnético.
Co tempo, a actividade volcánica liberou uns gases á superficie, incluíndo dióxido de carbono, vapor de auga, nitróxeno e outros compostos. Así naceu a chamada "atmosfera secundaria", un ambiente aínda tóxico para calquera forma de vida.
Unha das
transformacións máis importantes da atmosfera chegou hai aproximadamente 2.500
millóns de anos co proceso de fotosíntese realizado por microorganismos chamados
cianobacterias ou algas cianofíceas. Estes seres vivos comezaron a
liberar osíxeno, cambiando absolutamente a composición da atmosfera.
Este aumento do osíxeno non só fixo posible a vida na Terra, senón que tamén levou á formación da capa de ozono, unha barreira protectora que impide a entrada de radiación ultravioleta letal.
Evolución cara á atmosfera moderna.
A atmosfera actual, ten unha mestura de osíxeno (21%), nitróxeno (78%) e otros gases, é o resultado de millóns de anos de evolución entre procesos biolóxicos e xeográficos. Ademais, as glaciacións, os impactos de asteroides e as actividades tectónicas foron clave na súa evolución.
Unha atmosfera en cambio constante.
Aínda que
parece estable, a atmosfera terrestre segue en constante evolución,
influenciada polas actividades humanas, como o cambio climático e os procesos naturais. O cambio
climático, impulsado pola emisión de gases de efecto invernadoiro, é unha das
grandes preocupaciónshoxe en día, xa que afecta directamente o equilibrio que
permite a vida no planeta.
As capas da Atmosfera:
Troposfera: onde vivimos. É a capa máis próxima e baixa da atmosfera, ten unha medida dende a superficie terrestre ata a súa altitude de 8-15km, que dependen da localización, pois é máis alta nos trópicos e máis baixa nos polos. Nela ocorre a meteoroloxía como a choiva, neve ou vento. Co
ntén case o 75% da masa atmosférica e case todo o vapor de auga. Esta capa é onde vivimos.
Estratosfera: o protector Solar. Está situada por enriba da troposfera e chega ata os 50 km. O que máis destaca é a capa de ozono, que nos protexe da radiación ultravioleta. Non hai turbulencias polo que os aviónspoden ir máis tranquilos. A temperatura aumenta coa altitudedebido a radiación.
Mesosfera: escudo contra os meteoritos. É a capa que nos protexe dos meteoritos, é a máis fría, e contén nubes noctilucentes e estructuras brillantes formadas por cristais. Destrúe osobxetos espaciais como os meteoritos antes de que crucen máis capas.
Termoesfera: algo indescriptible. Esta capa exténdese ata os 600-800km. É moi quente pola radiación solar externa. Protexe o planeta de radiaccións e é coñecida polas auroras boreais e austriais.
Exosfera: último nivel. É a última capa da atmosfera. Está composta por hidróxeno e helio e conecta o planeta co universo.
Para rematar, a atmosfera é moi importante para nós, polo que hai que preservala intentando contaminar menos e previr o cambio climático.





Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.