A xenética é unha rama da ciencia que estuda como se transmiten as características de pais a fillos.
A base da xenética está nos xenes, que son instrucións que os organismos usan para pasar a información de pais a fillos. Nestes xenes están gardadas as indicacións para fabricar as proteínas do nosos corpo, estas son as que definen como somos.
Os xenes atópanse dentro dos cromosomas, que unhas estruturas que conteñen o noso ADN e están dentro de todos os núcleos das nosas células (excepto nos glóbulos vermellos que non teñen núcleo e polo tanto tampouco cromosomas). En todas as nosas células con núcleo hai 23 pares de cromosomas (son células diploides), 46 cromosomas que conteñen toda información do que somos.
Que é unha mutación xnética? Cando ocorre?
Unha mutación xenética é cando calquera xene do noso ADN sofre un cambio na súa secuencia. Estes cambios poden darse cando hai un error na división celular ou cando nos expoñemos a sustancias ambientais danosas para o noso ADN.
Hai varios tipos de mutacións xenéticas. Estes son:
Substitución: unha base do ADN pode ser remplazada por outra, por exemplo, unha adenina (A) por unha guanina (G).
Inserción: agrégase unha base extra á secuencia.
Eliminación: elimínase unha base da secuencia.
Os efectos destas mutación poden ser:
Silenciosa: a proteína xerada non cambia debida a que o código xenético está dexenerado.
De sentido cambiado ou missense: a proteína xerada é diferente o que pode cambiar a súa función.
Sen sentido ou nonsense: o cambio na secuencia xera un codon sen sentido e provoca a detención da tradución da secuencia a proteínas e pode facer que una funcionamento erróneo da proteína.
Que é unha mutación cromosómica? Que efectos pode ter?
Xa sabemos que existen, e que son, as mutacións xenéticas; pero tamén hai mutacións cromosómicas. Existen varios tipos, que son:
Mutacións numéricas: poden ser unha trisomía (un cromosoma de máis), unha monosomía (falta dun cromosoma) ou una poliploidía (máis dunha parella completa de cromosomas de máis). Este último caso é máis frecuente en plantas que en humanos.
Mutacións na estrutura: poden ser por delección (o cromosoma perde un anaco), por duplicación (repítese un fragmento de cromosoma), por inversión (un anaco de cromosoma cambiase de sentido) ou por translocación (un fragmento do cromosoma cambia de posición).
Como se menciona con anterioridade, hai mutacións que non teñen consecuencias como é o caso das mutacións xenéticas de tipo silencioso. Aínda que a maioría das mutacións soen ser malas. Tamén hai algunhas mutacións que son beneficiosas. Un exemplo de unha mutación beneficiosa para o ser humano é a mutación coñecida como a anemia falciforme que causa a resistencia contra a enfermidade da malaria, ou outro caso de mutación beneficiosa pode ser a mellora do sistema inmune dos humanos que foi evolucionando ao longo do tempo.
Grazas as mutacións nós evolucionamos ata ser Homo sapiens, polo tanto isto é un claro exemplo de que non todas as mutacións son negativas para nós.
No ciclo celular
existen distintos puntos de control xa que a célula non pasa ás fases seguintes
sen verificar que todo está en orde e non ten ningún fallo que lle impida
seguir adiante. Os máis importantes son: o punto de control G1(transición
G1/S), o punto de control G2 (transición G2/M) e o punto de control do fuso
(transición entre metafase e anafase).
O punto de
control G1 é o punto no que a célula decide dividirse e, polo tanto, pasar
a seguinte fase ( fase S), ou se non se divide. Se decide dividirse, a célula
comproba algúns factores para determinar se as condiciones para dividirse son
óptimas, como por exemplo: se o tamaño é suficiente para dividirse, se ten
suficientes reservas de enerxía ou se o ADN está danado.
No puntode control G2 a célula verifica se o
ADN está en bo estado e se foi completamente replicado na fase S. No caso de
que houbese algún problema, a célula detense brevemente nesta fase para reparas
eses errores. Se estes errores son irremediables, esta unidade biolóxica pode
activar un mecanismo de morte programada ou apoptose para que o ADN que conteña
erros non se transmita.
O punto de control do fuso controla que todas as cromátidas irmás están ben
unidas aos microtúbulos do fuso e redirixe os cromosomas que estean fora do
lugar correspondente.
En xeral, estes son os
factores que determinan se unha célula avanza ou se detén brevemente en cada
punto de control. Pero o que realmente sucede e que os reguladores do ciclo celular actúan, activando ou inactivando certas proteínas que impulsan este
ciclo. Estes reguladores son os responsables de detectar danos no ADN e
reparalos, evitando que se propaguen as mutacións causando enfermidades como o
cancro. En concreto, a proteína encargada de deter esta alteración no material
xenético é a proteína p53.
P53 detén o ciclo celular
no punto de control G1 e activa as encimas de reparación do ADN. Se o dano e irreversible, p53 activará a apoptose
(morte celular programada). Esta proteína prevén mutacións pero, cando p53 está
en mal estado ou é insuficiente, as mutacións acumúlanse dando lugar a
enfermidades tumorais e canceríxenas. De feito, p53 é o xene máis prexudicado
nos cánceres.
As células canceríxenas
poden medrar e duplicarse sen que se engadan factores de crecemento positivos
ou sinais proteicas que permitan e
estimulen o seu crecemento, como no caso das células normais, que si que
necesitan destes factores para duplicarse.
Un exemplo disto podémolo
ver se cultivamos células cancerosas nun medio de cultivo como unha placa. Estas
células si que se reproducirían tanto con factores de crecemento positivos como
negativos. En cambio, se cultivamos células sans, non medrarían con factores de
crecemento negativos
As células do cancro
tamén ignoran as sinais que deteñen o seu crecemento. Normalmente, unha célula deixa
de medrar e dividirse se sinte que está demasiado axustada por outras células
ou por outros tecidos. En cambio, as células cancerosas amontóanse unhas enriba
doutras, case infinitamente, xa que estas
células son capaces de dividirse moitas más veces que unha célula normal, que
pode dividirse unhas 40 ata 60 veces antes de morrer.
As células cancerosas non
están directamente relacionadas co ciclo celular xa que perden control sobre este. Esta diferenza axúdalles a
crecer, dividirse e formar tumores. Tamén gañan a capacidade de migrar a outras
partes do corpo por un proceso chamado metástase. Estas células tampouco sofren
morte celular programada nas condicións que o farían as células normais.
Ademais, investigacións recentes demostran que as células cancerosas poden
sufrir cambios que contribúen a aumentar o crecemento e a división celular.
Como se desenvolve o
cancro?
Créese que o cancro
desenvólvese en varias etapas e que é necesario que múltiples mecanismos fallen
e que se alcance un certo tamaño da masa das células, e unha acumulación grande
de mutacións xenéticas malignas, para que estas se volvan cancerosas. Para isto
as células teñen acumulan as mutacións, evitan certos controles de división e a
morte programada da célula polo que seguen estendendo eses erros no ADN.
Exemplo práctico: ao comezo, unha das células do noso corpo pode perder a
capacidade de certo inhibidor ou control. Tamén pode sobreactivar certos factores ou proteínas de crecemento e daría o mesmo resultado. Isto derivaría nunha división máis rápida.
Ao principio, e na maioría dos casos, formase un tumor benigno formado por un cúmulo destas células defectuosas (pero non o suficiente como para ser nocivas). Pode chegar
un momento no que a acumulación de mutacións sexa de tal magnitude que o tumor tórnase
canceroso.
Estas mutacións poden
levar a diferentes tipos de cancros pero xeralmente, as mutacións máis comúns
son as dos reguladores do ciclo de reprodución da célula, tanto a sobreactivación
de factores de crecemento positivos como a falta de reguladores negativos.
En conclusión, a división celular non sempre é perfecta, pode ter erros. Son moi raros nos casos que se dan estas alteracións xenéticas pero as posibilidades nunca son nulas. Isto tampouco significa que estes erros sexan sempre malignos ou non teñan cura xa que coas innovacións técnicas e médicas actuais, estanse a desenvolver novas curas para estas enfermidades.
Todos estamos máis que acostumados a escoitar o típico dicir de que menos é máis, pero algunha vez nos paramos a pensar se é realmente así en todos os ámbitos da vida? Se llo preguntases ás doentes de Síndrome de Turner estou segura de que elas dirían que non, así que nesta publicación imos pararnos un momento a recordalas e analizar a síndrome que padecen.
Que é a Síndrome de Turner?
Cariotipo dunha paciente coa síndrome
A Síndrome de Turner é un desorde xenético raro e imposible de previr que afecta unicamente ás persoas de sexo feminino, caracterizado pola ausencia parcial ou completa dun cromosoma X.
Esta síndrome afecta a 1 de cada 2500 nenas e pode ser diagnosticada en diferentes etapas da vida: prenatalmente, na infancia, na adolescencia ou nos primeiros anos da etapa adulta, aínda que nestes dous últimos casos os síntomas e signos presentes son leves. O diagnóstico pode realizarse mediante una proba de sangue unha vez a nena xa naceu ou durante o desenvolvemento do feto mediante unha proba prenatal que avalía o seu ADN no sangue da nai.
Cales son as causas da Síndrome de Turner?
O normal é que as persoas nazamos con dous pares de cromosomas sexuais, XY no caso do sexo masculino e XX no caso do sexo feminino. Cando unha persoa de sexo feminino herda tan só unha copia do cromosoma X considérase que ten Síndrome de Turner. As causas para a ausencia dunha das copias deste cromosoma non están completamente claras, aínda que existen distintas teorías:
ERRO NA MEIOSE:
A meiose é un proceso imprescindible para a reprodución sexual, pois asegura a división á metade dos cromosomas nos gametos e a presenza dun par de cromosomas homólogos en cada unha das células resultantes, evitando a ausencia de cromosomas esenciais para a vida. Durante este proceso, os cromosomas (ADN condensado) duplícanse e únense, formando tétradas de cromosomas homólogos que intercambiarán material xenético e se separarán durante a Anafase I para dar lugar a dúas células fillas coa metade de cromosomas que a célula nai. Este proceso tende a ser preciso e sen erros, pero pode non resultar perfecto en certas ocasións.
Nalgúns casos, os proxenitores das pacientes da Síndrome de Turner sufriron, sen sabelo, dun erro durante a meiose dalgún dos gametos, xa sexa o espermatozoide ou o óvulo. O erro en cuestión foi a perda do cromosoma X. Tras a fecundación, o individuo que naza contará con esta ausencia.
Noutros casos sucede un erro na división celular que causa que algunhas células conteñan un cromosoma X con cambios ou partes ausentes. Este erro ben pode suceder durante a creación dos espermatozoides e óvulos como durante o desenvolvemento temperán do feto, aínda que neste caso sería un erro na mitose.
ERRO NA MITOSE:
A mitose é un proceso de división celular indispensable para a vida, pois evita o crecemento ilimitado das células e asegura a presenza dunha copia exacta do material xenético en cada unha das células fillas. Durante este proceso, os cromosomas duplícanse para despois ser separados en cromátidas irmás que se dirixirán cada unha a un polo oposto da célula durante a Anafase, fase tras a cal se comezará a dividir a célula nai en dúas células fillas co mesmo número de cromosomas. Como na meiose, este proceso tende a ter resultados perfectos, pero pode non resultar como debería.
Nalgúns casos, durante as etapas iniciais do desenvolvemento fetal, prodúcese un erro na mitose dalgunhas células nai, provocando que algunhas células teñan dúas copias completas do cromosoma X, mentres que outras só teñen unha única copia do cromosoma X. Isto tamén provoca Síndrome de Turner.
Cales son as consecuencias de padecer Síndrome de Turner?
As consecuencias de padecer Síndrome de Turner abarcan tanto o ámbito psicolóxico como o ámbito físico. Imos ver os dous tipos:
CONSECUENCIAS FÍSICAS:
As pacientes de Síndrome de Turner sen tratar son, aproximadamente, 20cm máis pequenas que a media, teñen un desenvolvemento atrasado ou ausente das características sexuais secundarias, non teñen menstruación, os seus órganos sexuais poden ser pequenos ou estar subdesenvolvidos…
Por outra parte, o seu pescozo tende a ser máis corto e a pel deste está engurrada. Ademais, as súas orellas e cabelo tenden a ser de implantación baixa, teñen máis probabilidade de ser obesas nun futuro e sempre son infértiles.
CONSECUENCIAS PSICOLÓXICAS:
As consecuencias psicolóxicas non son tantas como as físicas, pero aínda así existen.
Polo xeral, as doentes de Síndrome de Turner teñen un nivel de CI normal, aínda que nos límites inferiores, o que causa problemas coas matemáticas e o debuxo en idades escolares. Moitas tamén teñen complicacións á hora de realizar actividades que precisen unhas habilidades máis especiais, como a lectura de mapas ou a organización visual. De calquera xeito, estes problemas poden ser “tratados” e solucionados con esforzo por parte das rapazas, dos seus pais e dos profesores.
Por outra parte, tamén é frecuente que as pacientes teñan un atraso na súa madurez emocional, aínda que isto non é unha consecuencia directa da síndrome. Na maioría de casos, os pais tenden a sobreprotexelas e a tratalas en base a súa baixa estatura, como se fosen nenas pequenas, o cal fai que se manteñan dependentes e un pouco inmaturas.
Debido a súa baixa estatura, é moi común que as nenas sufran de baixa autoestima.
ENFERMIDADES ASOCIADAS:
A Síndrome de Turner pode causar problemas cardíacos (entre os cales normalmente se atopan problemas coa aorta), pérdida auditiva, presión arterial alta, problemas de visión, problemas renais, trastornos autoinmunitarios, problemas no esqueleto… Imos ver algunhas das enfermidades máis comúns asociadas a esta síndrome:
1.Hipertensión arterial: enfermidade crónica caracterizada polo incremento continuo das cifras da presión sanguínea.
2.Diabetes mellitus: conxunto de trastornos metabólicos caracterizado pola presencia de concentracións elevadas de glucosa no sangue.
3.Tiroiditis de Hashimoto: enfermidade autoinmune inflamatoria caracterizada pola destrución da glándula tiroides, situada na parte anterior do pescozo.
4.Cataratas: enfermidade que afecta á vista, volvendo opaco parcial ou totalmente o cristalino e creando imaxes difusas.
5.Artritis: enfermidade caracterizada pola inflamación das articulacións, causando dor, inchazón e temperaturas elevadas nas zonas afectadas.
6.Estenosis aórtica: enfermidade caracterizada polo estreitamento da saída do ventrículo esquerdo do corazón.
7.Otite media: enfermidade caracterizada pola inflamación do oído medio.
8.Escoliose: enfermidade caracterizada pola curvatura da columna vertebral.
Para finalizar, a Síndrome de Turner non é o único trastorno causado por malformacións cromosómicas, pois entre as enfermidades causadas por un erro na división celular están tamén a Síndrome de Down (trisomía 21), a Síndrome de Edwards (trisomía 18) e a Síndrome de Patau (trisomía 13). De calquera xeito, este desorde si que é o que, na maioría de casos, permite unha vida máis normal e semellante ao das persoas non afectadas por este.
Vamos a comezar polo máis básico deste proceso, que é a Espermatoxénese?
A Espermatoxénese é o proceso polo cal se forman os espermatozoides nos testículos dos machos, mediante mecanismos de mitose e meiose. Este proceso comeza por unha dotación cromosómica diploide, e termina con unha dotación haploide no espermatozoide.
Este proceso é importante, xa que da lugar as células reprodutivas masculinas fundamentais e ao comezo do desenvolvemento dos espermatozoides.
As Fases da Espermatoxénese
Fase proliferativa: As espermatogonias (células nai) divídense nun ciclo celular para formar máis celulas.
Fase de meiose: Os espermatocitos primarios experimentan a meiose, reducindo a metade o número de cromosomas. Fórmanse os espermatocitos secundarios e logo diso as espermátides, células haploides que aínda non son espermatozoides funcionais.
Fase espermatoxénese: As espermátides transfórmanse en espermatozoides. Desenvolven o flaxelo para a mobilidade e o acrosoma, que lles permite penetrar no óvulo.
A seguinte imaxe corresponde ao proceso esquematizado anteriormente mencionado:
Transporte do esperma
Os espermatozoides maduros percorren os testículos grazas a:
Contraccións dos tubos seminíferos
Aumento da cantidade do líquido luminal e da presión
Contraccións da cápsula do testículo
Problemas da Espermatoxénese
Hai casos nos que o proceso de formación de esperma é alterado, dando lugar a que non se observe espermatozoides na substancia exaculada. Este proceso coñécese como azoospermia secretora. As causas poden ser diferentes, como:
Alteracións cromosómicas
Criptorquidias bilaterais
Torsións testiculares
Traumatismos
Procesos infecciosos
Tratamentos de radio-quimioterapia
Curiosidades sobre os Espermatozoides
Velocidade de movemento: Poden desprazarse a 3 mm por minuto.
Tamaño: Miden aproximadamente 55 µm.
Viaxe no aparello reprodutor feminino: Só uns poucos miles chegan á trompa de Falopio, e só un fecundará o óvulo.
Finalmente déixovos un vídeo ilustrativo sobre o proceso de espermatoxénese.
A reprodución sexual é un proceso fascinante no mundo da bioloxía, un proceso que asegura a continuación da vida. Detrás de este proceso aparentemente simple desenvólvense unha serie de procesos complexos: a espermatoxénese e a ovoxénese. Son o que producen os espermatozoides e os óvulos. Neste post, imos ver como funcionan e como se relacionan para facer posible algo tan fascinante como unha nova vida.
O lado masculino: A espermatoxénese
A espermatoxénese é un proceso que fabrica os espermatozoides situado nos testículos dos homes. Este proceso comeza coa puberdade e continúa durante toda a vida, cada día produce millóns de espermatozoides (células sexuais masculinas). O obxectivo é que só un dos espermatozoides pode fecundar ao óvulo e para asegurarse prodúcense moitos e a maioría quedan polo camiño.
¿Como funciona exactamente?
Todo comeza cando a célula inicial chamada espermatogonio, se divide múltiples veces durante o proceso da mitose e produce espermatocitos. Estes sométense á meiose, unha forma de división celular. O resultado son espermátides, que máis tarde maduran e convértense nos espermatozoides que todos recoñecemos. Cada célula inicial orixina catro espermatozoides, asegurando unha gran cantidade por cada ciclo celular.
Un dato curioso é que cada espermatozoide ten unha estrutura deseñada para a súa función: unha cabeza onde se almacena o material xenético de parte do home e un flaxelo que lle permite desprazarse ao óvulo. Para máis información sobre este proceso, consulta este enlace
O lado feminino: A ovoxénese
A espermatoxénese ten como característica a cantidade, e a ovoxénese ten como característica a calidade. Este proceso prodúcese nos ovarios das mulleres e comeza mentres o feto se está a desenvolver. Entón se producen moitas células chamadas oogonios, que permanecen dun certo modo pausadas ata a pubertade.
A partir de aí, en cada ciclo menstrual liberase un óvulo. Durante este proceso, a célula inicial sométese á meiose, pero o resultado é diferente ao da espermatoxénese: só unha das células formadas se converte nun óvulo funcional, mentres que as outras, coñecidas como corpos polares, son descartadas. Isto é porque o corpo feminino asegura que cada óvulo conteña os recursos necesarios para nutrir un embrión durante as primeiras etapas do desenvolvemento.
A ovoxénese, ao contrario da espermatoxénese, está limitada ao período fértil da muller. O número de óvulos que unha muller pode producir ao longo da súa vida é moito máis reducido, normalmente uns 400, o que fai deste proceso unha precisión e eficiencia biolóxica. Para aprender máis, podes consultar este enlace
Como se complementan estes procesos?
A pesar das súas diferenzas, a espermatoxénese e a ovoxénese traballan xuntas para garantir a fecundación. Mentres un proceso produce espermatozoides rápidos e pequenos en grandes cantidades, o outro crea un único óvulo inmóbil pero cunha riqueza de nutrientes e material xenético. Este equilibrio entre cantidade e calidade é fundamental para o éxito da reprodución.
Algúns puntos clave para destacar:
Mobilidade: Os espermatozoides están deseñados para moverse rapidamente cara ao óvulo, mentres que este permanece estático á espera da fecundación.
Duración e frecuencia: A espermatoxénese é continua desde a puberdade ata a vellez, mentres que a ovoxénese é cíclica e limitada polos anos fértiles.
Cantidade producida: A espermatoxénese crea catro espermatozoides por célula inicial, mentres que a ovoxénese produce un único óvulo viable.
Entender como funcionan a espermatoxénese e a ovoxénese é esencial para apreciar a complexidade da reprodución. Estes procesos demostran o incrible deseño biolóxico do corpo humano, onde todo está perfectamente equilibrado para garantir que a vida continúe. Ao explorar estes mecanismos, damos un paso máis cara á comprensión da marabilla que é a bioloxía.
A atmosfera terrestre, unha capa de gases que rodea a Terra, experimentou unha evolución complexa ao longo de miles de millóns de anos. A súa composición, estrutura e características foron clave para o desenvolvemento da vida tal como coñecémola. Desde a atmosfera primitiva, rica en gases volcánicos, ata a atmosfera moderna, que contén osíxeno e nitróxeno en grandes cantidades, houbo cambios significativos.
Inicios da atmósfera
A atmosfera primitiva da Terra formouse fai aproximadamente 4.5 mil millóns de anos, pouco despois da formación do planeta. Durante este tempo, os gases liberados polos volcáns, como dióxido de carbono (CO₂), vapor de auga (H₂O), metano (CH₄) e amoníaco (NH₃), eran predominantes. Esta atmosfera era moi diferente á actual, carecía de osíxeno e tiña unha gran concentración de gases invernadoiro. Ademais, era moi densa e estaba sometida a condicións extremas de temperatura debido ao constante bombardeo de meteoritos e a intensa actividade volcánica. A atmosfera primitiva non era habitable para organismos complexos debido á falta de osíxeno e as altas temperaturas. Con todo, foi nesta atmosfera onde comezaron a producirse os primeiros procesos que sentaron as bases para a vida.
Formación do osíxeno
Fai aproximadamente 3.8 mil millóns de anos, xurdiron os primeiros organismos unicelulares, probablemente bacterias que realizaban procesos como a fotosínteseanaeróbica. Aínda que non xeraban osíxeno, as súas actividades contribuíron a modificar gradualmente a composición da atmosfera. Un dos eventos máis cruciais na evolución da atmosfera foi a aparición da fotosínteseosixénica levada a cabo polas cianobacterias fai un 2.4 mil millóns de anos.
Estes organismos comezaron a utilizar a luz solar para sintetizar o seu propio alimento, liberando osíxeno como subproduto. Este proceso tivo un impacto transcendental O aumento do osíxeno na atmosfera tamén tivo outro efecto importante: a formación da capa de ozono. O osíxeno atmosférico comezou a reaccionar coa radiación ultravioleta do sol, formando ozono (O₃) na estratosfera. A capa de ozono actuou como un filtro protector, absorbendo gran parte da radiación ultravioleta prexudicial, o que permitiu a evolución de formas de vida máis complexas na superficie terrestre.
Despois, a atmosfera experimentou varios cambios adicionais. Ao longo do seguintes mil millóns de anos, a concentración de osíxeno na atmosfera aumentou progresivamente, o que permitiu o desenvolvemento dunha biosfera diversa e complexa. Hoxe en día, a atmosfera terrestre está composta principalmente por nitróxeno (78%), osíxeno (21%) e trazas doutros gases, como argon (0.93%) e dióxido de carbono (0.04%). O osíxeno na atmosfera é esencial para a vida, xa que é utilizado pola maioría dos organismos para a respiración celular, un proceso fundamental para a obtención de enerxía.
Ademais da súa composición, a atmosfera moderna desempeña varios roles cruciais:
Protección da vida: A atmosfera protexe á Terra dos raios cósmicos e da radiación ultravioleta, na súa maioría, mediante a capa de ozono. Isto foi fundamental para permitir a vida na superficie
Efecto invernadoiro: Os gases de efecto invernadoiro, como o dióxido de carbono, o metano e o vapor de auga, atrapan parte da radiación infravermella emitida pola Terra, o que mantén unha temperatura adecuada para a vida. Este fenómeno, coñecido como efecto invernadoiro, é esencial para manter a temperatura global nun rango habitable.
Cíclico: A atmosfera desempeña un papel clave no ciclo da auga, proceso que é fundamental para a vida e para o equilibrio ecolóxico.
Actualidade tráxica
Ao longo da historia da Terra, a atmosfera cambiou como resultado de procesos naturais e biolóxicos. Con todo, nos últimos séculos, a actividade humana ha acelerado o cambio da atmosfera de maneiras preocupantes. A queima de combustibles fósiles, a deforestación e a industrialización aumentaron significativamente a concentración de gases de efecto invernadoiro, como o dióxido de carbono e o metano. Este aumento está a contribuír ao cambio climático global, con impactos como o aumento das temperaturas, o derretemento dos polos e o aumento de fenómenos climáticos extremos.
A degradación da capa de ozono, aínda que diminuíu, segue sendo un tema de preocupación, xa que a exposición á radiación ultravioleta pode ter efectos nocivos para a saúde humana e os ecosistemas.
O futuro da atmosfera dependerá das accións que tomemos para mitigar o cambio climático, reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e conservar os recursos naturais. Os avances en enerxías renovables, a reforestación e os esforzos por reducir a contaminación poden contribuír a estabilizar a composición atmosférica e garantir un futuro sostible para as xeracións vindeiras.
Actualmente no planeta Terra hai aproximadamente 8 mil millóns de habitantes. Entre todas estas persoas, é obvio que haberá distincións: algúns serán máis altos, outros máis baixos, máis ricos, máis pobres, de un sitio ou de outro… pero no futuro, isto non será importante: todos seremos recordados como fósiles e teremos o mesmo valor para a historia e reconstrución da Terra. De feito, xa temos constancia de restos humanos fosilizados na actualidade, aínda que antes de meternos nese tema, é preciso responder a unha cuestión: que son os fósiles?
Os fósiles son toda aquela evidencia de vida antiga, ademais de ser a principal fonte para coñecer a diversidade biolóxica da antigüidade, xunto coa súa evolución co paso do tempo. Tamén proporcionan información moi importante para a Xeoloxía, pois grazas a eles a día de hoxe somos capaces de reconstruír a vida da Terra, en maior ou menor medida.
Para clasificalos, poderíamos dicir que se seguen dous criterios principais: o xeito no que foron preservados e a información que nos aportan.
Segundo a forma na que foron preservados, podemos facer as seguintes distincións:
•Fósiles Mineralizados
Estes son os fósiles máis sinxelos de recoñecer, mais son os máis complicados de atopar pola complicación das condicións que se teñen que dar para que fosilicen desta maneira.
Fosilizan desta forma as partes duras de seres vivos que se descompoñen lentamente, pois hai o suficiente tempo como para que os compoñentes orgánicos sexan substituídos polas sustancias minerais. O proceso é moi lento e progresivo, pero a información que aportan sobre a historia da Terra vale a pena completamente. Ademáis, a forma orixinal do ser vivo consérvase perfectamente.
•Pegadas de extremidades
Fórmanse cando un ser vivo pisa e deixa marca da súa pisada nun terreo brando, que posteriormente é recuberto por outro sedimento.
Estas pegadas ofrecen información moi valiosa e dan pé a deducións de hábitos, tamaño, peso, forma de desprazamento… do ser vivo ao que pertencen.
Dentro desta categoría, as máis coñecidas son as icnitas, é dicir, as pegadas de dinosauros.
•Inclusións en ámbar
Moitos organismos pousábanse en plantas, pero algúns deles tiñan a mala sorte (aínda que moi boa para nós) de quedar atrapados por unha gota de ámbar (resina de plantas leñosas fosilizadas), quedando conservados ata os nosos días.
Este tipo de fósiles servíronnos para obter amplos coñecementos nos insectos de fai máis de 200 millóns de anos.
•Rastros de actividade
Estes son os fósiles máis “xerais”, pois abarcan todo tipo de evidencia de actividade biolóxica.
Dentro deste grupo, os máis populares son os coprolitos dos dinosauros, que poden aportar información sobre a súa dieta, hábitos alimentarios, fisioloxía e incluso dos parasitos que tiña o dinosauro en cuestión.
Ademáis desta clasificación, tamén podemos dividilos segundo a información que nos proporcionan:
•Fósiles guía
Os fósiles guía son aqueles que se usan na datación de estratos e que serven para establecer correlacións moi precisas entre estratos moi afastados xeograficamente, pero que son da mesma idade.
Pertencen a especies que evolucionaron rápido e que se expandiron por moitas e moi diversas áreas do planeta durante a súa vida. Só son considerados fósiles guía os restos que pertencen a este tipo de especies porque desta forma só poderemos atopalos en estratos dunha idade específica, permitindo todos os avances mencionados anteriormente.
•Fósiles de facies
Os fósiles de facies apórtannos información sobre as condicións ambientais da época e lugar aos que pertencen.
Pertencen a especies que vivían en lugares moi restrinxidos e con características ambientais moi determinadas, como por exemplo os corais, que viven en medios mariños con pouca profundidade, augas moi osixenadas, ben iluminadas e cálidas.
Os fósiles non só serviron para analizar e reconstruír a historia doutros seres vivos, senón que tamén serviron para entender e ordear cronoloxicamente a nosa propia historia e a nosa evolución. Para isto, usáronse os fósiles humanos que se foron descubrindo co tempo. A día de hoxe, temos unha selección de fósiles especialmente importantes: Lucy, O Neno de Turkuana e Ardi.
•Lucy
Lucy é un fósil humano pertencente á especie de Australopithecus Afarensis, que foi descuberto por Donald Johanson e o seu equipo en 1974 en Etiopía, específicamente na rexión de Afar, cunha idade de aproximadamente 3,2 millóns de anos.
Lucy é un esqueleto dunha muller adulta completo aproximadamente un 40%, e o seu nome provén da canción "Diamonds in the Sky", a cal cantaron os seus descubridores tras encontrala, a modo de celebración.
Lucy é un dos fósiles humanos máis famosos na actualidade, e teno ben merecido. Os seus restos axudaron a comprender cando a nosa especie se separou dos primates, pois a forma dos seus ósos suxire que a súa especie xa tiña unha locomoción similar a nosa e que eran bípedos. Ademais, axudou a explorar como diferentes especies de homínidos conviviron en África.
•O Neno de Turkuana
O Neno de Turkuana é un fósil humano pertencente á especie de Homo Ergaster, que foi descuberto en 1984 en Kenia, na rexión de Turkuana, cunha idade aproximada de 1,6 millóns de anos.
Este é o fósil humano máis completo que temos ata esta data, e axudou a comprender a evolución do cerebro humano, pois aínda que tiña máis capacidade cerebral que os Australopithecus, tiña menos que a dun humano actual.
•Ardi
Ardi é un fósil humano pertencente á especie de Ardipithecus ramidus, descuberto en 1994 por un equipo estadounidense na depresión de Afar, especificamente na parte coñecida como Awash Medio, cunha idade aproximada de 4,4 millóns de anos.
Ardi desafiou as teorías da orixe humana, pois ata entón a investigación científica apuntaba a que os humanos estabamos completamente relacionados cos chimpancés e que a separación de especies ocorrera hai aproximadamente 5 millóns de anos. De calquera xeito, Ardi demostraba cos seus ósos que tiña unha locomoción híbrida: trepaba árbores, pero tamén camiñaba erguida, algo completamente contrario ao esperado, é dicir, que camiñase cos cotelos pegados ao chan pola súa antigüidade. Segundo os científicos, canto máis antigo o fósil, máis parecido debía ser aos chimpancés, pero isto non foi así con este.
En resumo, nun futuro non importarán as nosas clases sociais nin diferenzas, pois o único que determinará a nosa importancia no mundo será a nosa fosilización. Se fosilizamos ben e algún paleontólogo ten a sorte de atoparnos, seremos determinantes. Se non, seremos recordados igual que o resto, sen importar a cantidade de cartos na nosa conta bancaria.